Florentino Ameghino, nado o 19 de setembro de 1853 en Moneglia (Italia) e finado o 6 de agosto de 1911 en La Plata, foi un científico autodidacta, naturalista, climatólogo, paleontólogo, zoólogo, xeólogo e antropólogo arxentino.
Traxectoria miniatura|200px|Florentino Ameghino no seu depósito arqueolóxico. miniatura|200px|Pyrotherium romeroi ou besta do fogo. Mamífero fósil descuberto e clasificado por Ameghino. A pesar da súa trompa non estaba relacionado cos elefantes, pertenecía aos Xenungulata dentro dos Meridiungulata.
Foi mestre de escola e despois director da Colexio Municipal de Mercedes, na provincia de Buenos Aires.
Autodidacta, para os seus traballos científicos sempre contou co apoio do seu irmán máis novo Carlos, e para o seu financiamento só cos exiguos fondos obtidos da súa librería situada na cidade de La Plata.
Estudou o solo da provincia de La Pampa e recolleu numerosos fósiles. A súa colección está considerada como unha das máis importantes do seu tempo.
Tamén estudou restos de fósiles do home cuaternario no xacemento arqueolóxico de Chelles, Sena e Marne, Francia.
Foi nomeado profesor de zooloxía da Universidade Nacional de Córdoba. En 1886, Francisco P. Moreno nomeouno vicedirector e secretario do Museo de La Plata, asignándolle a sección de Paleontoloxía, que Ameghino arrequeceu coa súa propia colección (que vendeu ao estado provincial). Por último, foi director do Museo Nacional de Buenos Aires.
Para explorar o territorio patagón, custeou unha expedición a cargo do seu irmán Carlos, para o cal estableceu unha librería, que atendeu persoalmente, en La Plata.
Faleceu en La Plata, á idade de 57 anos, o 6 de agosto de 1911, enfermo de diabetes e tamén por resistirse a unha intervención cirúrxica. Está soterrado no cemiterio de La Plata.
Principais obras 1878 - La antigüedad del hombre en el Plata. 1878 - Los mamíferos fósiles en la América Meridional. 1884 - Filogenia. 1889 - Contribución al conocimiento de los mamíferos fósiles de la República Argentina. 1891 - Los monos fósiles de la República Argentina. 1984 - Énumeration synoptique des espèces de mammifères fossiles des formations éocènes de Patagonie. 1895 - Sur les oiseaux fossiles de la Patagonie. 1900 - 1903 L'Âge des formations sédimentaires de Patagonie. 1902 - Línea filogenética de los proboscídeos. 1902 - On the primitive type of the Plagiodont molars of Mammalia. 1903 - Los Diprotodontes del orden de los plagiaulacoides y el origen de los roedores y de los Polimastodontes. 1904 - Recherches de morphologie phylogénétique sur les molaires supérieures des ongulés. 1906 - Formaciones sedimentarias del Cretáceo Superior y del Terciario de Patagonia.
Recoñecementos Varias localidades arxentinas levan o nome de Florentino Ameghino, así como diversos establecementos educativos en todo o país, bibliotecas, museos, escolas, prazas, rúas e parques en distintas localidades. A súa obra Contribución al conocimiento de los mamíferos fósiles de la República Argentina valeulle a medalla de bronce na Exposición Universal de París de 1889. Un cráter da Lúa leva o seu nome.
Epónimos Na honra de Florentino Ameghino nomeáronse unhas 110 especies, entre elas: Amanita ameghinoi (Speg.) Singer Tetragonia ameghinoi Speg. Notopappus ameghinoi (Speg.) Klingenb. 2007 Mostacillastrum ameghinoi O. E. Schulz 1924 Moschopsis ameghinoi (Speg.) Dusén ex Macloskie 1915 Calamagrostis ameghinoi Hauman 1917 Jarava ameghinoi (Speg.) Peñail. 2002 Sanmartinia ameghinoi (Speg.) Buchinger 1950 Nicotiana ameghinoi A. St.-Hil. 1902 Jaborosa ameghinoi (Speg.) Macloskie & Dusén Covillea ameghinoi Briq. 1925 Larrea ameghinoi Speg.
Abreviatura A abreviatura Ameghino emprégase para indicar a Florentino Ameghino como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
Outros artigos Liptornis, fósil de ave descuberto por el
Bibliografía Garate, Justo (1970): "Ameghino, Florentino", en Dictionary of Scientific Biography, 1, Nova York: Charles Scribner's Sons, pp. 129–132, ISBN 0-684-10114-9. Shampo, M. A. & Kyle, R. A. (1987): "Argentinian paleontologist contributes to the understanding of humans and the environment". Mayo Clin. Proc. 62 (9): 855.
Ligazóns externas Florentino Ameghino Biografía. Obra. Teorías. Os seus descubrimentos. Achegas á paleontoloxía dos mamíferos. Outras biografías. . Consultada o 13-05-2015 Bosque Petrificado Florentino Ameghino . Consultada o 13-05-2015
Categoría:Científicos da Arxentina Categoría:Paleontólogos da Arxentina Categoría:Antropólogos da Arxentina Categoría:Arqueólogos da Arxentina Categoría:Biólogos da Arxentina Categoría:Climatólogos da Arxentina Categoría:Ornitólogos da Arxentina Categoría:Xeólogos da Arxentina Categoría:Zoólogos da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados na provincia de Xénova Categoría:Finados en 1911 Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Finados por diabetes