Samir NasarRomanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).Tamén Nassar. (en ), nado no Líbano o 5 de xullo de 1950, é un eclesiástico católico maronita, dende 2006 arcebispo de Damasco. Traxectoria Completou os estudos secundarios no seminario patriarcal de San Marón en Ghasir en 1974, e posteriormente estudou Teoloxía na Universidade San Xosé de Beirut e no Instituto Católico de Lión, graduándose en 1976. Posteriormente estudou Historia na Universidade Lión III.

Foi ordenado sacerdote o 17 de agosto de 1980, e traballou como párroco. En 2005 foi nomeado corbispo.

O 10 de xuño de 2006 foi elixido arcebispo de Damasco polo Santo Sínodo da Igrexa Maronita. Recibiu a consagración episcopal o 26 de novembro de 2006 de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair.

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Arcebispos da Igrexa católica maronita Categoría:Arcebispos católicos do Líbano Categoría:Arcebispos católicos de Siria Categoría:Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Alumnos da Universidade Lión III Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lión