Jean-Pierre Grumbach, coñecido como Jean-Pierre Melville, nado en París o 20 de outubro de 1917 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1973 foi un cineasta francés.
Traxectoria Melville era fillo de Berthe e Jules Grumbach, xudeus alsacianos. Trala caída de Francia en 1940 durante a segunda guerra mundial entrou na resistencia francesa oposta aos nazis. Durante a guerra adoptou o pseudónimo Melville, polo seu escritor favorito, Herman Melville.Breitbart, 180.
Cando volveu da guerra intentou converterse en axudante de director, pero foi rexeitado. Sen este apoio decidiu dirixir os seus propios filmes e continuou a empregar Melville como nome artístico, chegando a ser un cineasta independente e propietario dun estudio.
Foi especialmente coñecido polos seus dramas criminais tráxicos e minimalistas, como Le Doulos (1962), Le Samouraï (1967) e O círculo bermello (1969), protagonizados por actores como Alain Delon, Jean-Paul Belmondo e Lino Ventura. A súa independencia e estilo de rodaxe foron unha grande influencia na nouvelle vague.
Melville faleceu en 1973 vítima dun infarto de miocardio.
Filmografía Ano Título Notas 1945 Vingt-quatre heures de la vie d'un clown Curtametraxe 1949 Le Silence de la mer 1950 Les Enfants terribles 1953 Quand tu liras cette lettre 1956 Bob le flambeur 1959 Deux hommes dans Manhattan 1961 Léon Morin, prêtre 1962 Le Doulos 1963 L’Aîné des Ferchaux 1966 Le Deuxième Souffle 1967 Le Samouraï 1969 O exército das sombras 1970 O círculo bermello 1972 Un flic
Notas
Véxase tamén Bibliografía Breitbart, Eric (2006). "Call Me Melville". New England Review 27:3. pp. 174–183 Montero, José Francisco, Jean-Pierre Melville. Crónicas de un samurái, Editorial Shangrila, Santander, 2014. https://web.archive.org/web/20150222153807/http://shangrilaediciones.com/pages/bakery/trayectos-libros-2-116.php Vincendeau, Ginette, Jean-Pierre Melville: An American in Paris, 2003, BFI Publishing, ISBN 0-85170-949-4 Palmer, Tim, "An Amateur of Quality: Postwar Cinema and Jean-Pierre Melville's LE SILENCE DE LA MER," Journal of Film and Video, 59:4, Fall 2006, pp. 3–19 Palmer, Tim, "Jean-Pierre Melville's LE SAMOURAI", in Phil Powrie (ed.) The Cinema of France, 2006, Wallflower Palmer, Tim, "Jean-Pierre Melville and 1970s French Film Style," Studies in French Cinema, 2:3, Spring 2003 Ligazóns externas
Bibliografía Biografía en newwavefilm.com [http://www.wsws.org/articles/2006/aug2006/sff8-a15.shtml Jean-Pierre Melville World Socialist Web Site] Artigo en Senses of Cinema
Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1973