Gundián é un lugar da parroquia da Ponte Ulla, no concello de Vedra.

Historia En 1709 puxéronse barcas para cruzar o río, polas que eran transportadas as mercadorías que ían de Ourense e do Ribeiro cara a Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol. Aínda que en 1737 foi concedido o permiso para reedificar as pontes estragadas polas riada, no ano 1926 seguían activas as barcas do Ulla. A ponte da Ulla (coñecida na actualidade como A Ponte Vella) rematouse en 1835.

No lugar de Gundián, aséntanse dúas grandes pontes ou viadutos para as dúas vías ferroviarias entre Ourense e A Coruña, a antiga (chamada ponte de Gundián) e a recente, o Viaduto do Eixo. Nas proximidades da ponte vella está o miradouro de Gundián.

Galería de imaxes de Gundián

Lugares e parroquias Lugares da Ponte Ulla

Parroquias de Vedra

Categoría:Lugares de Vedra