Jerzy Maculewicz, nado o 30 de maio de 1955 en Dashiv (R.S.S. de Ucraína), é un franciscano conventual católico latino polaco, administrador apostólico de Uzbekistán dende o 1 de abril de 2005.
Traxectoria O 2 de outubro de 1994 fixo a profesión na Orde dos Freires Menores Conventuais, e o 22 de xuño de 1996 foi ordenado sacerdote da devandita orde polo bispo de Sosnowiec, Adam Śmigielski.
O 1 de abril de 2005 foi nomeado administrador apostólico de Uzbekistán e bispo titular de Nara. Recibiu a consagración episcopal o 14 de maio de mans do cardeal Angelo Sodano, e tivo como co-consagrantes principais ao secretario da Congregación para a Evanxelización dos Pobos Robert Sarah e ao nuncio en Uzbekistán Józef Wesołowski.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados na rexión de Vinnytsia Categoría:Franciscanos conventuais Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Uzbekistán Categoría:Bispos católicos do século XXI