Estevo Pedro X AzareanO seu apelido tamén aparece como Azarian. (en , Step’anos Petros Ž. Azarean (ISO 9985)), nado o 31 de decembro de 1826 en Constantinopla (Imperio Otomán) e finado o 1 de maio de 1899 na mesma cidade, foi o 10º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 6 de xullo de 1881 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu en Constantinopla o 31 de decembro de 1826. Foi vigairo patriarcal, e durante o cisma de 1870 estivo no exilio xunto ao patriarca Hasownean.

O 14 de agosto de 1877 foi nomeado arcebispo titular de Nicosia, e recibiu a ordenación episcopal o 23 de setembro de mans do patriarca Antón Pedro IX.

O 6 de xullo de 1881 foi elixido patriarca de Cilicia, Como patriarca elixido en circunstancias difíciles por mor do recente cisma, concovou un sínodo en 1890 para achegar as diferentes posicións e sanar as feridas na Igrexa Católica Armenia. Tamén foi quen de aproveitar o traslado da sé patriarcal a Constantinopla, e no aniversario da ordenación sacerdotal de León XIII foi nomeado representante do sultán Abdul Hamid II.

Permaneceu no cargo até a súa morte, o 1 de maio de 1899 en Constantinopla.

Obra

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Nados en 1826 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Finados en 1899 Categoría:Bispos católicos de Turquía