OAST Flyer (acrónimo de Office of Aeronautical and Space Technology Flyer), tamén coñecido Spartan 206, foi un satélite artificial recuperable dos estadounidense lanzado o 11 de xaneiro de 1996 mediante o transbordador espacial Endeavour desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos tecnolóxicos.
Características
OAST-Flyer estaba baseado na plataforma recuperable Spartan (Shuttle Pointed Autonomous Research Tool for Astronomy). Foi transportado ao espazo na bodega de carga do transbordador espacial Endeavour durante a misión STS-72 e liberado polo seu brazo robótico o día 14 de xaneiro para ser recuperado o día 16.
O satélite levaba catro experimentos a bordo:
Medición os niveis de contaminación das naves espaciais nas órbitas baixas. Probar equipos GPS en órbita. Probar aparellos de radio afeccionado en órbita. Determinar os efectos da radiación nos sistemas do satélite.
Notas
Categoría:Satélites artificiais