miniatura|dereita|A hemoglobina é un exemplo de proteína tetrámera (de catro subunidades). As subunidades α e β están coloreadas de vermello e azul. Un tetrámero (de tetra, "catro" + -mer, "partes") é un oligómero formado por catro monómeros ou por catro subunidades proteicas. A propiedade asociada denomínase tetramería.

En bioquímica, son tetrámeras as moléculas formadas por catro subunidades, que poden ser iguais (nese caso é un homotetrámero), por exemplo a proteína concanavalina A, ou diferentes (nese caso é un heterotetrámero), por exemplo a proteína hemoglobina. A hemoglobina ten 4 subunidades, iguais dúas a dúas, aínda que todas moi parecidas. As inmunoglobulinas teñen tamén catro subunidades iguais dúas a dúas, pero moi diferentes. As diferentes subunidades dun tetrámero poden ter cada unha a súa propia actividade, como a unión á biotina nos tetrámeros de avidina, ou ter unha propiedade biolóxica común, como a unión alostérica do oxíxeno na hemoglobina.

Notas

Véxase tamén

Proteína tetrámera Tetramería (botánica), en plantas con catro compoñentes nos verticilos Tetramerium, un xénero de plantas acantáceas Tetra, prefixo que significa "catro" -mer, sufixo que significa "unidade"

Categoría:Química