"Who You Are" é unha canción da cantante e compositora británica Jessie J. A canción foi composta por ela mesma, Toby Gad e Shelly Peiken, mentres que a súa produción musical estivo a cargo de Gad. Lanzouse como penúltimo sinxelo de Who You Are o 11 de novembro de 2011 mediante un EP lanzado en iTunes. A canción alcanzou o oitavo posto na lista UK Single Chart e outorgóuselle un disco de prata por vender máis de 200.000 copias no país. Mike Diver da BBC a comparou con "Hometown Glory" de Adele.
Listaxe de cancións
Outras versións En 2011, o cantante sueco Robin Stjernberg versionou "Who You Are" no programa Idol logrando entrar após a súa actuación. Após o programa, Stjernberg saca unha compilación das súas actuacións no programa chamado My Versions o 4 de xaneiro do 2012, onde "Who You Are" ocupa o número 7 de 10 cancións.
A cantante americana Angie Miller versionou "Who You Are" no American Idol o 17 de xaneiro de 2013, e máis tarde lanzou a canción o 24 de abril de 2013.
Notas
Categoría:Cancións de Jessie J Categoría:Cancións de Robin Stjernberg