A das commelinales (Commelinaleses) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.
A orde está composta por cinco familias (nas clasificacións filaxenéticas modernas) ou catro (na clasificacións "cásicas"). En tyoptal, a orde comprenden 812 especies distribuídas en 68 xéneros.
A pesar de ter poucas familias e de ser monofilético segundo as análises moleculares de ADN, a orde é moi diversa desde o punto de vista da morfoloxía. De feito, a unión de todas as familias nun mesmo clado resultou sorprendente, xa que as sinapomorfías quedan prccticamente restrinxidas a certos caracteres fitoquímicos (como a presenza de fenilfenalenonas e a algúns caracteres da semente (como, por exemplo, a presenza dun abundante endosperma helobial).
O grupo troncal das commelinales data de hai uns 114 millóns de anos (MA), no cretáceo tardío.
A diverxencia dentro do grupo comezou hai uns 110 MA, segundo Janssen e Bremer.
As datas, segundo Wikström et al. son 81-73 e 71-66 MA respectivamente. Porén, hai que ter en conta que que Janssen e Bremer (Op. Cit.) utilizaron unha topoloxía para datar os clados diferente.
Clasificación
Na clasificación "clásica" de Cronquist (1981) a orde comprende 4 familas: Commelinaceae Mayacaceae Rapateaceae Xyridaceae
Pero en sistemas de clasificación modernos, como os do Angiosperm Phylogeny Group (APG) grupo de botánicos que traballan na filoxenia vexetal utiliando técnicas moleculares e a análise cladística, a clasificación varía bastante.
Na súa primeira clasificación, do ano 1998,<ref>Publicada en Annals of the Missouri Botanical Garden 88''': 531-553.</ref> incluían tamén catro familias, pero moi diferentes:
Commelinaceae Haemodoraceae Philydraceae PontederiaceaeNo Angiosperm Phylogeny Website (do ano 2001 en adiante), e nas clasificacións APG II (do ano 2003) e APG III (do ano 2009), nas que a orde se sitúa na subclase das Commelinidae, da clase das Liliopsida = Monocotyledoneae. a circunscrición modificouse un pouco:
Segundo APG III,The Angiosperm Phylogeny Group III ("APG III"), en orde alfabética: Brigitta Bremer, Kåre Bremer, Mark W. Chase, Michael F. Fay, James L. Reveal, Douglas E. Soltis, Pamela S. Soltis e Peter F. Stevens; ademais, colaboraron Arne A. Anderberg, Michael J. Moore, Richard G. Olmstead, Paula J. Rudall, Kenneth J. Sytsma, David C. Tank, Kenneth Wurdack, Jenny Q.-Y. Xiang e Sue Zmarzty (2009): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. e o Angiosperm Phylogeny Website, as familias son:
Hanguanaceae (familia nº 77) Commelinaceae (familia nº 78) Philydraceae (familia nº 79) Pontederiaceae (familia nº 80) Haemodoraceae (familia nº 81)
Os números de familia consignados arriba, son os atribuídos polo Lineal APG III (LAPG III 2009).Elspeth Haston, James E. Richardson, Peter F. Stevens, Mark W. Chase, David J. Harris (2009): "The Linear Angiosperm Phylogeny Group (LAPG) III: a linear sequence of the families in APG III" Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 128-131.
As familias das Mayacaceae, Rapateaceae e Xyridaceae foron desprazadas á orde das Poales.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Liliopsida Commelinidae''
Ligazóns externas Commelinales en Madagascar Catalogue.
Categoría:Liliopsida