miniatura|200px|Anuncio de cacao cunha imaxe recursiva. A muller mostra un paquete idéntico ó do propio anuncio, contendo así a outra muller que mostra outro paquete máis pequeno, de forma recursiva. miniatura|200px|Imaxe recursiva formada por un triángulo. Cada triángulo está composto doutros máis pequenos, compostos á súa vez da mesma estrutura recursiva. A recursividade, ou recursión, é a propiedade pola cal un proceso, estrutura ou definición se aplica a si mesma de maneira autosemellante, é dicir, que se pode repetir un número indefinido de veces. O termo emprégase en diversas disciplinas, como a lingüística, a lóxica, as matemáticas ou as ciencias da computación.
En matemáticas e informática, a recursividade refírese a un método de definición no que unha función ou obxecto se describe facendo referencia a si mesmo, sempre que exista unha condición inicial que evite unha cadea infinita de repeticións. Especificamente, defínense un número potencialmente infinitos de puntos para unha función utilizando unha expresión finita que pode referirse a outros puntos da función, sempre que ocorra dun xeito no que non poida suceder unha cadea infinita de referencias. É dicir, isto permite definir conxuntos ou operacións infinitas mediante regras finitas.
Na lingüística, a recursividade é a capacidade dunha lingua para inserir unha estrutura dentro doutra do mesmo tipo, como ocorre cando unha frase contén outra frase, o que posibilita crear expresións de complexidade potencialmente ilimitada.
Definición formal En matemáticas e ciencia da computación, unha serie ou clase de obxectos exhiben un comportamento recursivo se poden definirse coas seguintes dúas propiedades: Existe un caso base (ou varios) simple. Hai un conxunto de regras que reducen tódolos outros casos a un caso base.
Notas
Véxase tamén
Recurso Recurso natural
Categoría:Lingüística Categoría:Lóxica Categoría:Matemáticas