Mitchell Neil William "Mitch" McGary, nado o 6 de xuño de 1992 en Chesterton, Indiana, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional e actual xogador de birlos.

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, McGary foi seleccionado na 21ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Oklahoma City Thunder. O 5 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Thunder. Durante a primeira parte da súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Oklahoma City Blue da NBA Development League. McGary fixo o seu debut na NBA o 14 de decembro de 2014 contra os Phoenix Suns, facendo 3 puntos e 4 rebotes en 7 minutos de xogo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no condado de Porter, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder