Péter Fülöp Kocsis, nado o 13 de xaneiro de 1963 en Szeged (Hungría), é un eclesiástico grecocatólico húngaro, metropolita de Hajdúdorog dende 2015. Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 2 de agosto de 1989. O 2 de maio de 2008 foi nomeado bispo de Hajdúdorog e administrador apostólico de Miskolc.
Recibiu a consagración episcopal o 20 de xuño, de mans do seu predecesor Szilárd Keresztes, e tendo como principais co-consagradores ao metropolita de Prešov Ján Babjak e ao administrador apostólico de Mukacheve Milan Šašik.
Cando o 20 de marzo de 2015 o papa Francisco elevou á Igrexa Católica Bizantina Húngara ao rango de igrexa metropolitana, Kocsis foi nomeado primeiro metropolita de Hajdúdorog. O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais. Notas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Szeged Categoría:Metropolitas de Hajdúdorog Categoría:Bispos católicos de Hungría Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Salesiana Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina húngara Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais