Zenobia de Armenia ou Zenobia a Íbera () (fl. século I) foi unha princesa real da dinastía PharnavazianaToumanoff, p. 14 do reino de Iberia que foi raíña de Armenia do 51 ao 53 e do 54 ao 55 durante o reinado do seu home, o rei Radamisto.

Traxectoria Zenobia era a filla do rei Mitríades de Armenia e da súa muller, filla do rei Pharsman I de Iberia, irmán de Mitríades. Zenobia casou con Radamisto, que era fillo de Pharsman I.Javakhishvili, p. 159

Mitríades reinou en Armenia ata que Radamisto usurpou o trono tras unha invasión por sorpresa, o seu marido destruíu á toda a familia da súa muller, e el converteuse no rei de Armenia no ano 51 e Zenobia na raíña, os armenios rebeláronse co apoio do príncipe Tiridates I e finalmente logrou derrotar a Radamisto, que segundo relata Tácito tivo que fuxir de a cabalo coa súa dona, que estaba embarazada que resistiu a primeira parte da viaxe, pero logo xa non se vía en condicións de seguir camiño e desaxaba unha morte con honra antes que ser unha cativa, o home resístese pero finalmente dálle morte cunha espada e bótaa no río Araxes pero Zenobia aínda vive e uns pastores cúrana e tras recuperarse condúcena diante Tiridates que a recibe gratamente e a trata como corresponde a unha raíña.

Galería A traxedia de Zenobia foi motivo artístico de moitas pinturas e óperas

Notas

Fontes Tácito, Anais, Libro XII-XIII Javakhishvili, Ivane (2012), History of the Georgian Nation, Vol. 1 Toumanoff, Cyril (1969), Chronology of the early Kings of Iberia, Vol. 25

Categoría:Dinastía Pharnavaziana