A contorna persoal de aprendizaxe ten a súa orixe na expresión anglosaxoa Personal Learning Environment (PLE), que é un sistema de organización e xestión das diferentes ferramentas que nos axudan no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén se refire a unha nova forma de aprender na rede. O PLE das persoas está integrado polas súas experiencias básicas que configuran a súa aprendizaxe na educación formal e polas novas experiencias ás que se achegan a través das ferramentas tecnolóxicas actuais. Xorde da necesidade de cada individuo de estar actualizado xa que é o propio usuario quen elixe os seus obxectivos, competencias, contidos, fontes etc.
Representa unha forma ideal para o desenvolvemento persoal ou profesional utilizando tódolos recursos tecnolóxicos e fomentando así o coñecemento global e a aprendizaxe.
Seguindo a definición de Linda Castañeda e Jordi Adell, o PLE
Este proceso consta de tres partes: en primeiro lugar a busca de información, onde a persoa aprende a localizar e seleccionar información relevante en Internet mediante distintas ferramentas e fontes. A segunda é a creación de coñecemento, onde se analiza e transforma a información adquirida en materiais como actividades ou contidos. Por último, este procedemento culmínase compartido ideas e experiencias con outras persoas, o que permite recibir opinións e xerar debates. Estas accións amosan un proceso de aprendizaxe activo, social e continuo.
O PLE ademais dun sistema é un mecanismo de intervención psicolóxica e social que dende unha perspectiva de análise teórica da tecnoloxía e a estrutura social se entende como un "desenvolvemento lóxico". Tamén se pode entender como PLE unha aplicación ou conxunto de aplicacións utilizadas por un aprendiz para organizar o seu propio proceso de aprendizaxe.
Achegas O PLE achega a posibilidade de crear a PLN (Personal Learning Network), isto é, a nosa rede persoal de aprendizaxe. PLN forma parte da contorna persoal de aprendizaxe e fai referencia á comunicación coas persoas, por isto se poden empregar ferramentas asincrónicas e sincrónicas.
As ferramentas asincrónicas son: o correo electrónico, comentarios nos blogs e nas redes sociais. Pola contra, entre as ferramentas sincrónicas están: os chats, as ferramentas de telefonía IP como Skype e os encontros profesionais como os eventos ou as conferencias. Grazas a estes artefactos, tense a oportunidade de crear unha rede de contactos que dea información axeitada para axudar á construción do coñecemento das persoas. Desta maneira, o PLE en xeral, e a PLN en concreto, amplían as fontes de información manexadas.
Finalmente, Adell (2010) explica que:
Perspectivas Seguindo a Cabero e Marín (2001), os PLE pódense clasificar principalmente en dúas orientacións: as de carácter pedagóxico e educativo e as de carácter tecnolóxico e instrumental.
Perspectiva pedagóxica O PLE concíbese "como un cambio na metodoloxía educativa que promove a autoaprendizaxe por medio da utilización de recursos web, formando un sistema centrado na figura do estudante". Este utiliza diversas ferramentas en función das súas necesidades de aprendizaxe e coñecemento.
Perspectiva tecnolóxica Os PLE enténdense como "a posibilidade de facer uso dun conxunto de ferramentas xeralmente gratuítas, uns recursos e unhas fontes de información, e de establecer contacto cun conxunto de persoas para aprender e desenvolverse profesionalmente". Ditas ferramentas permitirán organizar, recompilar, procesar e compartir todo tipo de información, dentro dun contorno tecnolóxico, onde o PLE é un sistema estruturado e funcional centrado no usuario/a.
Características Tomando como referente a Adell, o PLE componse de tres cuestións específicas; Cada alumno fixa os seus propios obxectivos de aprendizaxe, é dicir ten un carácter persoal. Non hai avaliadores, nin títulos; non existe unha estrutura formal, é dicir, unha persoa pode elaborar artigos e documentos dixitais persoais e publicalos en Internet, aínda que non teña coñecementos informáticos, permitíndolle converterse en coautor do ciberespazo. Aproveitamento da posibilidade que nos ofrece Internet de dispoñer dun conxunto de ferramentas e recursos gratuítos para compartir e aprender a través deles. A superficie de contacto que presentan está adaptada a focalizar os contidos acorde ao interese de quen navegue polos documentos. É fácil e rápido poder expresar opinións e comentarios en documentos e artigos dixitais doutras persoas.
Tarefas básicas As seis tarefas básicas son: Buscar e filtrar a información de interese. Organizar os contidos. Comunicarse cos demais. Crear novos contidos. Publicalos para compartilos coa comunidade. Colaborar con outros en tarefas de produción colectiva.
Compoñentes
Seguindo a Adell e Castañeda o PLE está conformado porEntrevista a Jordi Adell realizada por Josi Sierra para el proyecto de "El blog CC-Conocity", en el año 2011. Recuperado o 14/04/2015 de http://conocity.eu/jordi-mapleando/:
Ferramentas e estratexias de lectura. Trátase das fontes documentais de información ás que se pode acceder para conseguir datos. É a multipedia, composta por: Ferramentas: wikis, blogs, canais de vídeo, RSS etc. Mecanismos: iniciativa, curiosidade, busca etc. Actividades: conferencias, lectura, visionado de reportaxes etc.
Ferramentas e estratexias de reflexión: Contornas virtuais e non virtuais nas que podo comentar, escribir, analizar a información que posúo. Son: Ferramentas: blogs, cadernos de notas, páxinas webs, canais de vídeo etc. Mecanismos: organización, síntese, estruturación da información etc. Actividades: crear mapas conceptuais, vídeos, cadernos de traballo etc.
Ferramentas e estratexias de relación: Espazos nos que me relaciono con outras persoas para aprender delas e con elas. Trátase da PLN ou Rede Persoal de Aprendizaxe. Pódense intercambiar contactos e datos de dúas maneiras: directa, cando a comunicación entre as persoas é cara a cara ou a través das redes sociais; e indirecta, a comunicación é a través de obxectos dixitais que construímos pouco a pouco coas nosas publicacións, tendo como exemplo Youtube ou Slideshare Cando compartimos a información neste PLN facémolo a través de: Ferramentas: Facebook, Twitter ou outras redes sociais. Mecanismos: capacidade de diálogo, toma de decisións etc.
Primeiros pasos para a creación dun PLE Os primeiros pasos para crear un PLE, segundo Jordi Adell (2011) son os seguintes: 1. Crear unha conta Twitter e seguir a persoas interesantes. Compartir ideas e descubrimentos con eles. 2. Subscribirse vía RSS a blogs ou outras fontes de información (revistas científicas), por exemplo: Google reader. 3. Comezar a escribir as túas ideas e proxectos no teu propio blog en WordPress o Blogger. 4. Etiquetar e compartir os teus favoritos en Delicious ou Diigo. 5. Participar nalgunhas redes sociais interesantes. 6. Agregar o teu lifestreaming e compartilo. Subscribirse ao doutras persoas en friendfeed.com
Dimensión Organizacional: O PLE na escola O PLE non está directamente ligado co ensino, senón que busca principalmente a coordinación alumno - tecnoloxía, por medio da creación de canles de coordinación entre a tecnoloxía e o alumno, non a institución, facendo fincapé de novo na idea de que no PLE é o propio alumno o responsable do seu proceso de aprendizaxe, en canto á coordinación dos medios tecnolóxicos ao seu alcance para o desenvolvemento de tal proceso de aprendizaxe.
Podemos determinar dous usos que se poden dar na escola: Un uso orientado ó profesorado, onde o PLE se pode converter nunha ferramenta moi útil e interesante para que os docentes poidan deseñar o seu propio PLE e dar resposta a unha formación permanente e adecuada ás necesidades de cada usuario. Tamén se pode fomentar con estas contornas de aprendizaxe o traballo cooperativo entre os mestres, e conseguir unha maior comunicación, compartindo as súas aprendizaxes. Uso orientado ó alumnado. Se o conxunto do alumnado se prepara dende a escola para traballar nestes espazos, adquirirán as competencias necesarias para que o seu proceso de aprendizaxe sexa permanente na súa vida futura. Producirase así unha evolución na que o profesorado guiará inicialmente ós discentes, para que finalmente sexa o propio alumnado quen tome as decisións e adquira maior autonomía na súa aprendizaxe. Partindo da base de que todas as organizacións que xestionan dunha forma ou doutra o coñecemento, deberían de ter un PLE. A escola é entendida como un centro educativo, lugar por onde circulan coñecementos e persoas. Polo tanto podemos dicir que a escola é un lugar de aprendizaxe pero tamén onde se aprende. O PLE do centro sería o conxunto de procesos e ferramentas que axudan a xestionar información e a vincular persoas para a súa aprendizaxe e tamén para a doutros.
“Outro elemento a ter en conta é o PLE da aula, vinculado ós alumnos e ó profesor. Isto tamén significa que o centro educativo ten identidade dixital, e é onde se xera e xestiona a contorna de aprendizaxe”. (Carlos Magro. 2014).
O PLE polo tanto, ten unha dimensión organizacional que interrelaciona a tecnoloxía e a pedagoxía, invitando a unha innovación tecnolóxica con profundas implicacións pedagóxicas e organizativas.
Criterios de decisión no deseño dun PLE escolar Á hora de deseñar un PLE, deben terse en conta os seguintes aspectos: Debe de estar orientado ao currículo e centrado no ámbito escolar. Fontes de información: Necesidade de contar cun catálogo de sitios web a consultar, orientado a centrar a busca e evitar distraccións. Selección de ferramentas: Aplicacións e programas instalados en liña, mediante os cales se consolidará a rede de aprendizaxe do alumno, que variará en función do alumnado. Evolución: O deseño e posta en marcha dun PLE implica un proceso de evolución e desenvolvemento continuo, polo que variarán aspectos tales como as fontes, as aplicacións etc. Aprendizaxe formal: Alternancia ou combinación de diferentes tipos de aprendizaxes (formais, informais...). Optatividade: Buscando incrementar a autonomía e fomentar a capacidade de toma de decisións do alumnado, con relación a un proceso de aprendizaxe abordado dende unha visión colectivista. Conectividade: Con relación á creación de contidos, así como a súa publicación para compartir tales contidos con outros individuos, coa comunidade. Colaboración: Fomento da aprendizaxe cooperativa; Unha aprendizaxe de carácter global e social. Social: Énfase na dimensión social que leva consigo a aprendizaxe en rede fronte á esfera individualista dos procesos de aprendizaxe; fomento da interactividade e a aprendizaxe colectiva. Valores: Con relación ao código ético que ha de marcar a realidade da aprendizaxe en rede. Seguridade: Con relación á satisfacción dos principios éticos e legais na rede.
Fortalezas e debilidades Martínez GimenoMartínez Gimeno, A. Los entornos personales de aprendizaje (PLE). Del cómo enseñar al cómo aprender. Edmetic, Revista de Educación Mediática y TIC; vol 2, nº1, 2013; páxinas: 41-62. Recuperado o 14/04/2015 de http://www.edmetic.es/Documentos/Vol2Num1-2013/Edmetic-Vol2-Num1-2013-Monogr%C3%A1fico-Losentornospersonalesdeaprendizaje.pdf , dentro da revista Edmetic, publica o seguinte cadro no que se mostran as fortalezas e debilidades que teñen as contornas persoais de aprendizaxe: