Bianditz é un monte que se atopa en Lesaka, a carón dos Pireneos e preto do porto de Aritxulegi. Aínda que se atopa en Navarra, limita con Guipúscoa e accédese máis doadamente dende este territorio. É un destino moi popular para os practicantes de sendeirismo. Dende o seu cumio pódese albiscar Baztan, Donostia e o mar Cantábrico.
O monte está cuberto por grandes prados e nel pódense observar restos megalíticos.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Bianditz en euskal-herria.org
Categoría:Montañas de Navarra