A Fronte Oriental da segunda guerra mundial foi o teatro de operacións do conflito entre as Potencias do Eixe e os estados aliados dende o 22 de xuño de 1941 até o 9 de maio de 1945. Tamén se coñeceu como a Gran Guerra Patriótica (en ruso Великая Отечественная Война, Velíkaya Otéchestvennaya Voyná) na antiga Unión Soviética e na Rusia moderna, mentres que en Alemaña chamouse Fronte Oriental (en alemán die Ostfront),russlandfeldzug.de a Campaña Oriental (der Ostfeldzug) ou a Campaña rusa (der Rußlandfeldzug).
As batallas na Fronte Oriental constituíronse como as maiores confrontacións militares da historia. Caracterizáronse por unha ferocidade e destrución sen precedentes, deportacións masivas e unha inmensa perda de vidas debido aos combates, a fame, a exposición, as enfermidades e os masacres. A Fronte Oriental foi central no Holocausto, xa que acolleu a maioría dos campos de exterminio, as Marchas da morte, os guetos e os pogroms durante a Guerra. Da estimación de 70 millóns de mortes que se atribúen á segunda guerra mundial, arredor duns 30 millóns aconteceron na Fronte Oriental.
A Fronte Oriental foi decisiva na determinación do resultado da segunda guerra mundial, sendo a razón principal da derrota do Terceiro Reich, que comportou a partición de Alemaña durante case medio século e o alzamento da Unión Soviética como superpotencia militar e industrial. As dúas principais forzas belixerantes foron a Alemaña nazi e a Unión Soviética, xunto cos seus respectivo aliados.
Antecedentes Alemaña e a Unión Soviética víanse como os dous grandes prexudicados da primeira guerra mundial. Os soviéticos perderan un territorio considerable na Europa oriental como resultado do tratado de Brest-Litovsk (marzo de 1918) ao cederen os bolxeviques o control, por mor das demandas alemás, sobre Polania, Lituania, Estonia, Letonia, Finlandia, e outras zonas ás potencias centrais. Logo, ao se render Alemaña aos aliados en novembro de 1918, eses territorios lograron a independencia baixo os termos da conferencia de paz de París de 1919, cando a Rusia Soviética estaba no medio dunha guerra civil e os non recoñecían o goberno soviético e, xa que logo, non houbo representación soviética.
Adolf Hitler declarara a súa intención de invadir a Unión Soviética o 11 de agosto de 1939 a Carl Jacob Burckhardt, comisionado da Liga das Nacións
O Pacto Molotov–Ribbentrop asinado en agosto de 1939 foi un acordo de non agresión entre Alemaña e a Unión Soviética e contiña un protocolo secreto para a volta de Europa Central ao status quo anterior á Gran Guerra, dividindo Polonia, Romanía e os estados bálticos en esferas de influencia alemá e soviética. A Fronte Oriental tamén foi posible polo acordo xermano-soviético comercial e fronteirizo de 1941 que lle deu a Alemaña os recursos precisos para lanzar as operacións militares no leste de Europa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Axworthy, Mark . "Third Axis Fourth All". Arms and Armour 1995 ISBN ISBN 1-85409-267-7 Beevor, Antony. "Stalingrado; O Cerco Fatal" Ed. Record, 2008. ISBN 978-85-01-05805-8 Erlikman, Vadim. "Poteri narodonaseleniia v XX veke: spravochnik". Moscova 2004. ISBN 5-93165-107-1 Glantz, David M. "Confronto de Titãs; Como o Exército Vermelho derrotou Hitler" C & R Editorial 2009. ISBN 978-85-99719-10-7 Overmans, Rudiger. Deutsche militärische Verluste im Zweiten Weltkrieg. Oldenbourg 2000. ISBN 3-486-56531-1 Overy, Richard. "The Dictators: Hitler's Germany and Stalin's Russia". Penguin Adult, 2005. ISBN 0-7139-9309-X Suvorov, Viktor. "O Grande Culpado" Amarilys 2010. ISBN 978-85-204-2906-8
Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Guerras do século XX