Alfred Newman, nado en New Haven (Connecticut) o 17 de marzo de 1901 e finado en Hollywood o 17 de febreiro de 1970 foi un compositor e director de música cinematográfica estadounidense.
Traxectoria Newman naceu en New Haven, sendo o maior de dez irmáns. Prodixio musical, comezou a estudar piano con cinco anos con Sigismund Stojowski, e camiñaba dez millas cada día para practicar no piano dun veciño."Alfred Newman (1901-1970) - head of a musical dynasty", mfiles U.K. Puido axudar á súa pobre familia co diñeiro que gañaba por tocar en teatros e restaurantes. Traballou en vodevís e estudou composición e aos vinte anos estaba en Broadway, compoñendo e dirixindo musicais George Gershwin, Richard Rodgers e Jerome Kern. En 1930 acompañou a Irving Berlin a Hollywood,Biography of Alfred Newman, Virginia Tech Multimedia Music Dictionary onde recibiu clases privadas de Arnold Schoenberg.
Tras traballar con Berlin no filme Reaching for the Moon, atopou traballo con Samuel Goldwyn e United Artists, escribindo a súa primeira banda sonora completa, Street Scene. En 1940 comezou unha carreira de vinte anos como director musical da 20th Century-Fox, para a que compuxo a fanfarra que acompaña o logotipo. Newman estivo en activo ata a fin da súa vida, compoñendo a súa última banda sonora, Airport (1970) pouco antes da súa morte, producida por un enfisema.
Filmografía Entre 1930 e 1970 Newman escribiu a música de máis de 200 filmes. Newman gañou nove premios Oscar, terceiro tras Walt Disney e Cedric Gibbons. Foi o compositor con máis candidaturas aos premios (corenta e cinco) ata que John Williams o igualou en 2006 e o superou en 2012. Foi candidato ao Oscar polo menos unha vez cada ano entre 1938 e 1957.
Algúns das súas obras principais son:
1930 - Whoopee! (adaptación) (cancións de Walter Donaldson e Gus Kahn) 1931 - Luces da cidade (director musical) (música de Charlie Chaplin) 1931 - Indiscreet (director musical) 1931 - Street Scene 1936 - Dodsworth 1936 - Born to Dance (director musical; Cole Porter escribiu as cancións) 1937 - You Only Live Once 1937 - The Hurricane 1937 - The Prisoner of Zenda 1938 - Alexander's Ragtime Band (adaptación, cancións de Irving Berlin) 1939 - The Rains Came 1939 - Gunga Din 1939 - Cumes borrascosos 1939 - The Hunchback of Notre Dame 1940 - Vigil in the Night 1940 - Enviado especial 1940 - Broadway Melody of 1940 (director musical; Cole Porter escribiu as cancións) 1940 - The Mark of Zorro 1940 - Tin Pan Alley (adaptación) 1941 - Que verde era o meu val 1942 - Roxie Hart 1942 - The Black Swan 1942 - The Pied Piper 1943 - The Song of Bernadette 1943 - My Friend Flicka 1944 - The Keys of the Kingdom 1945 - State Fair (adaptación) 1947 - O capitán de Castela 1947 - Mother Wore Tights (adaptación) 1947 - Gentleman's Agreement 1947 - The Shocking Miss Pilgrim 1948 - The Snake Pit 1948 - That Lady in Ermine 1948 - The Iron Curtain 1949 - Twelve O'Clock High 1949 - Chicken Every Sunday 1950 - Todo sobre Eva 1950 - Panic in the Streets 1950 - The Big Lift 1952 - O prisioneiro de Zenda 1952 - As neves do Kilimanjaro 1952 - With a Song in My Heart (adaptación) 1953 - How to Marry a Millionaire (Alfred Newman aparece dirixindo a orquestra no prólogo) 1953 - The Robe 1953 - Call Me Madam (adaptación) 1954 - Demetrius and the Gladiators 1955 - A Man Called Peter 1955 - Love Is a Many-Splendored Thing 1955 - The Seven Year Itch 1956 - Anastasia 1956 - Carousel (adaptación) 1956 - The King and I (adaptación) 1957 - April Love (adaptación) 1958 - South Pacific (director) 1958 - A Certain Smile 1959 - The Diary of Anne Frank 1961 - Flower Drum Song (adaptación) 1962 - State Fair (adaptación) 1962 - A conquista do oeste 1965 - The Greatest Story Ever Told 1967 - Camelot (adaptación) (Academy Award) 1968 - Os malvados de Firecreek 1970 - Airport''
Familia Newman Newman foi o cabeza de familia dunha longa saga de compositores cinematográficos, entre os que destacan os seus irmáns Lionel e Emil; os seus fillos David, Thomas e Maria; o seu sobriño Randy e os seus sobriños Joey Newman e Jaclyn Newman Dorn.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Alfred Newman en Soundtrackguide.net
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en New Haven, Connecticut Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1970