miniatura|Rede española de autoestradas e autovías estatais e autonómicas. miniatura|Rede española de autoestradas de peaxe (ano 2012).
Denomínase infraestrutura a aquela realización humana deseñada e dirixida por profesionais da arquitectura, enxeñaría civil, urbanismo etc., que serven de soporte para o desenvolvemento doutras actividades e o seu funcionamento, necesario para a organización estrutural das cidades, territorios e empresas.infrastructure , Dicionario on line Oxford English.
Este termo é utilizado habitualmente como sinónimo de obra pública por ser case sempre o Estado o encargado da súa construción e mantemento en razón da súa utilidade pública e dos custos de execución, xeralmente elevados.
Etimoloxía O termo orixinouse a principios do século XX, e deriva do francés infrastructure, ue o formou coa forma latina infra-, "debaixo" e structure "estrutura".
Tipos de infraestruturas miniatura|Rede de ferrocarrís, unha das infraestruturas principais. miniatura|As autoestradas son unhas das infraestruturas máis usadas pola sociedade actual. miniatura|Antiga ponte do ferrocarril sobre o Ulla, en A Ponte Ulla, Vedra.
Infraestruturas de transporte. Transporte terrestre: vías:vía no dicionario da RAG. rúas, camiños, estradas, autoestradas, autovías, liñas de ferrocarril e pontes. Transporte marítimo: portos e canais. Transporte aéreo: aeroportos. Infraestruturas enerxéticas. Redes de electricidade: alta tensión, media tensión, baixa tensión, transformación (subestacións), distribución e iluminación pública. Redes de distribución de calor: calefacción urbana. Redes de combustíbeis: oleodutos, gasodutos etc. Outras fontes de enerxía: encoros para enerxía hidráulica, parques eólicos, centrais térmicas, centrais nucleares, enerxía mareomotriz etc. Infraestruturas hidráulicas. Redes de auga potábel: encoros, depósitos, tratamento e distribución. Redes de desaugadoiro: cloacas, estacións depuradoras. Redes de reciclaxe: recollida de residuos, vertedoiros de lixo, incineradoras etc. Infraestruturas de telecomunicacións. Redes de telefonía fixa. Redes de televisión de sinal pechado. Redes de repetidores. Redes de fibra óptica. Celas de telefonía celular. Infraestruturas de edificación. Vivenda. Comercio. Industria. Saúde: hospitais, centros de saúde (ambulatorios) etc. Educación: centros de educación preescolar, educación infantil, educación primaria, educación secundaria, formación profesional, ecuación especial, universidades. Lecer: parques e xardíns. etc.
Impacto ambiental As grandes obras de infraestrutura moitas veces xeran impactos sociais e ambientais, poñendo en risco a saúde e benestar das comunidades afectadas, polo que precisan de exhaustivos estudos de impacto ambiental previos á súa realización.
Infraestruturas verdes
Así mesmo, tamén se denominan infraestruturas ás chamadas "infraestruturas verdes", que se compoñen principalmente de vexetación e solos, e que teñen o obxectivo de mellorar a xestión da auga da chuvia dos ambientes construídos, con beneficios laterais tales como mellora na calidade do aire, redución do efecto "illa de calor" etc.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ascher, Kate (2007): The works: anatomy of a city. Nova York: Penguin Press. ISBN 978-0143112709. Hayes, Brian (2005): Infrastructure: the book of everything for the industrial landscape. Nova York: Norton. ISBN 978-0393329599. Huler, Scott (2010): On the grid: a plot of land, an average neighborhood, and the systems that make our world work. Emmaus, Penn.: Rodale. ISBN 978-1-60529-647-0.
Outros artigos Obra pública
Ligazóns externas
World Bank Infrastructure for Development Generation Infrastructures international research programme What is a megaproject Body of Knowledge on Infrastructure Regulation Card on America's Infrastructure
Categoría:Enxeñaría