Casiano de Prado y Vallo, nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797 e finado en Madrid o 4 de xullo de 1866, foi un enxeñeiro de minas e xeólogo galego.Universidad Politécnica de Madrid Aportación científica del ingeniero de minas D. Casiano de Prado y Vallo.

Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e participou, dende moi novo, na política.

No 1817 foi detido pola Inquisición española acusado de "proposicións" (formular ideas contrarias á relixión católica) e de ler con frecuencia libros prohibidos. Pasou 400 días recluído e incomunicado nos cárceres secretos da Inquisición de Santiago de Compostela. Nin sequera se lle permitiu contactar coa súa nai e tampouco se lle permitiu que lera libros relacionados coas ciencias naturais "e se pedía nisto algunha gracia, repútabaseme como criminal", como el mesmo declarou nun artigo publicado tres anos despois durante o Trienio liberal.

Foi director do distrito mineiro de Aragón e Cataluña, e máis tarde das minas de Almadén, contribuíndo ó seu enriquecemento coas súas investigacións xeolóxicas. Despois de desempeñar outras misións en distintos lugares, entre eles as Minas de Riotinto, trasladouse a Madrid en 1849 para formar parte da Comisión para a Carta Xeológica de Madrid e Xeral do Reino (actual Instituto Xeolóxico e Mineiro de España). Foi director da Revista Minera, inspector xeral de Minas, membro de mérito da Sociedade Xeológica de Londres e académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de Madrid.

Ocupouse de mineraloxía, petrografía e paleontoloxía. Neste último campo correspóndelle o mérito, xunto con Mariano de la Paz Graells, de dar a coñecer os restos de elefantes, aparecidos en 1850, na telleira de San Isidro de Madrid, despois tradicional xacemento do Paleolítico español. Nas proximidades encontrouse, nas formacións do Mioceno, varios restos de mamíferos terciarios que máis tarde clasificou o paleontólogo Paul Gervais.Sociedad Geológica Casiano de Prado, pionero de la prehistoria española.

Obras miniatura|200px|dereita|Mapa xeolóxico da provincia de Madrid, realizado por Casiano de Prado. Entre os seus numerosos traballos de investigación destacan o mapa xeológico das provincias de Madrid (1852), Valladolid (1854), Segovia (1855) e Palencia (1856) e outras importantes recensións referidas a outras zonas de Castela e León. De todos eles, o principal é o titulado Reseña física y geológica de la Provincia de Madrid (1864), traballo moi minucioso, con gran contido de datos de primeira man, obra que continúa sendo consultada polos investigadores. Vai acompañada dun esbozo de mapa xeolóxico da provincia, única representación gráfica da mesma durante moitos anos. Esta publicación valeulle ser nomeado director da Comisión permanente de xeología industrial.

Outras obras foron Vindicación de la Geología (1835), Diccionario de las voces más usadas en minería (1848), Ascensión a los Picos de Europa (1853) e Los terremotos de la provincia de Almería (1863).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Universidad Politécnica de Madrid Aporte científico del ingeniero de minas D. Casiano de Prado y Vallo (1797-1866) en su contexto histórico. Red de Biología Biografía Casiano de Prado. Puche Riart, Octavio (2004). «Casiano de Prado y Valle». En: Pioneros de la Arqueología en España. Del siglo XVI a 1912. Museo Arqueológico Regional de la Comunidad de Madrid: 79-86 ISBN 84-606-3591-0 Casiano de Prado (1797-1866) y la Comisión del Mapa Geológico de España. El descubrimiento científico de la Sierra de Guadarrama : Exposición - Universidad Politécnica de Madrid .

Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Xeólogos de España Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1797 Categoría:Finados en 1866 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela