Servando Gerpe Calvo, nado en Santiago de Compostela cara a 1872 e finado na Coruña o 21 de febreiro de 1928,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-2-1928, p. 4.La Emigración Española, 20-3-1928, p. 3. foi un xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Andrés Gerpe Ferro e María Prudencia Calvo e irmán de Lino Gerpe. Militante republicano federal. Foi bedel da Escola de Comercio da Coruña dende 1910.Diario de Galicia, 23-3-1910, p. 2. Foi membro da Agrupación socialista da Coruña, da que foi expulsado en 1912.El Socialista, 29-5-1912, p. 4. Colaborou na prensa usando o pseudónimo Lorenzo Corchuelo, dirixiu os semanarios El Cosmopolita e Renovación da Coruña e colaborou en La Emigración Española.La Emigración Española, 15-6-1924, p. 3. Finou na Coruña con 55 anos.

Vida persoal Casou con Dolores García.

Notas

Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos