miniatura|Monumento a Carvalho Calero en Santiago de Compostela, por José Molares. Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego, mestre de varias xeracións. O primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.
Desde a XXI edición en 2016 ata o 2025 non se convocou. Orixe e contexto histórico
Tras a ditadura franquista, Galicia tentou devolver o status lingüístico e literario ao pobo galego. Tras a morte deste filólogo no ano 1990, pretendeuse impulsar á sociedade a escribir nesta lingua. Para iso, creouse o Premio Carvalho Calero, que dotara aos gañadores de ambas as modalidades cunha contía económica que, dependendo da edición, rolda os 3 700 €, e a publicación da obra.
A entidade organizadora foi a Sociedade Cultural Medulio, que naceu cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización, e posteriormente fíxose cargo o Concello de Ferrol. Os premios son bianuais, mais no ano que non se celebran o Concello de Ferrol convoca o Premio de Investigación concibido para fomentar políticas de igualdade impulsadas dende diferentes entidades e que, como novidade, nesta edicióncal? ampliaranse a todo tipo de iniciativas de acción social. O obxectivo desta convocatoria é recoñecer publicamente e distinguir a traxectoria profesional duna actuación de calidade no ámbito dos servizos sociais, de políticas de xénero e loita contra a violencia de xénero.
Premios 1990 (I edición) Narración curta Xoán Ignacio Taibo, Informe bestiario Investigación lingüística ou ensaio 1991 (II edición) Narración curta Henrique Dacosta, Mar para todo o sempre Investigación lingüística ou ensaio José Martinho Montero Santalha, Carvalho Calero e a sua obra 1992 (III edición) Narración curta Investigación lingüística ou ensaio 1993 (IV edición) Narración curta Henrique Dacosta, Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias Investigación lingüística ou ensaio Laura Tato Fontaíña, Teatro e nacionalismo (Ferrol 1915-1936) 1994 (V edición) Narración curta Manuel Lourenzo González, As paisaxes compartidas Investigación lingüística ou ensaio 1995 (VI edición) Narración curta Xesús Manuel Marcos, Terra queimada Investigación lingüística ou ensaio Xina Vega, Álvaro Cunqueiro, unha poética da reacción 1997 (VII edición) Narración curta Xoán Xosé Piñeiro Cochón, Coa lei de costas Investigación lingüística ou ensaio premio deserto 1998 (VIII edición) Creación literaria Xosé Luís Martínez Pereiro, As irmáns bastardas da ciencia Investigación literaria ou lingüística Henrique Rabuñal, Manuel Murguía 1999 (IX edición) Creación literaria Carlos Quiroga, Periferias Investigación lingüística Xosé Manuel Sánchez Rei, Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego 2000 (X edición) Creación literaria Xosé Vázquez Pintor, Quen faga voar Investigación lingüística ou ensaio Xoán Carlos Lagares, E por esto fez este cantar 2001 (XI edición) Creación literaria Rosa Aneiros, Corazóns amolecidos en salitre Investigación lingüística ou ensaio Antonia López García, Se as aves insisten na ledicia. A obra de Bernardino Graña 2002 (XII edición) Creación literaria Félix Rodal, A cor do cabalo Investigación lingüística ou ensaio Roberto López-Iglésias Samartim, A dona do tempo antigo 2004 (XIII edición) Creación literaria Paulino Pereiro, Habitar as illas Investigación lingüística ou ensaio Raquel Vello, Muiller nobre, ilustrada, dramaturga 2005 (XIV edición) Creación literaria Carlos Quiroga, Inxalá Investigación lingüística ou ensaio Miguel Louzao Outeiro, Letras da Cal na produción poética galega dos 90 2007 (XV edición) Creación literaria Paula San Vicente, Fío de contas Investigación lingüística ou ensaio Xosé Manuel Maceira, Un nacionalismo cívico e social 2008 (XVI edición) Creación literaria Henrique Dacosta, Unha mada de relatos Investigación lingüística ou ensaio premio deserto 2009 (XVII edición) Creación literaria Investigación lingüística ou ensaio 2010 (XVIII edición) Creación literaria premio deserto Investigación lingüística ou ensaio Manuel Castelao Mexuto, Eludicións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero 2012 (XIX edición) Creación literaria Investigación lingüística ou ensaio Luis García Soto, O labirinto da saudade 2014 (XX edición) Creación literaria María Cristina Pavón Mauriz, A busca da orixe perdida das especies Investigación lingüística ou ensaio Isaac Lourido, História litéraria e conflito cultural. Bases para umha história sistémica da literatura na Galiza 2016 (XXI edición) Creación literaria premio deserto Investigación lingüística ou ensaio Carlos Caetano Biscaínho, Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen tregua2025 (XXII edición)Creación literaria Investigación lingüísticaLourenço Álvarez Ruiz, por O portão verde Francesco Martín Traficante Peláez por O galego língua nacional... ou lingua autonómica
Notas
Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia Galega Universal. Vigo, Ir Indo, 1999. Rodríguez Iglesias, F. (ed.): Proxecto Galicia. Literatura. A Coruña, Hércules de Ediciones, 2000- (6 vols.) Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da Literatura Galega, Vigo, Ed. Galaxia, 1995-2003 (4 vols.) Ligazóns externas Diario de Ferrol.Que artigo/s?