A palabra manteiga pode referirse a:

manteiga propiamente dita, produto obtido do batido e amasado da graxa extraída da tona do leite. manteiga de cacahuete, pasta comestíbel elaborada con cacahuetes torrados e moídos, xeralmente salgada ou adozada. manteiga de cacao, graxa natural comestíbel procedente da faba do cacao, que tamén ten aplicacións medicamentosas e cosméticas. manteiga de coco, produto elaborado a partir da carne fresca do coco maduro, deshidratándoa e moéndoa até obter unha pasta sólida. manteiga de froitos secos, alimento untábel que se elabora machucando froitos secos. manteiga de porco, a parte graxa do porco, empregada na elaboración de certos pratos. manteiga de Soria, produto lácteo orixinal da provincia de Soria que ostenta a categoría de Denominación de orixe (Mantequilla de Soria), e ten as variedades natural, salgada e doce.

Como apelido Luís Manuel Antonio Manteiga (Santiago de Compostela 1903 - 1949), escritor galego. Xosé Manteiga Pedrares (Negreira 1934 - Santa Comba 2012), catedrático, filósofo e político galego. Xavier Manteiga Pousa (Santiago de Compostela 1968), escritor e guionista galego, fillo do anterior. Wenceslao González Manteiga (Sao Paulo 1956), catedrático de matemáticas da USC.