miniatura|Relevo representando a Pharnavaz I Pharnavaz () foi o primeiro rei de Kartii, un antigo reino xeorxiano coñecido como Iberia nas fontes clásicas. Segundo os rexistros escritos xeorxianos medievais foi o fundador do reino e da dinastía Pharnavaziana. Non se coñece a data exacta do seu reinado, que podería variar entre o 302–237 a. C. segundo Vakhushti de Kartli, 299–234 a. C. para Cyril Toumanoff ou 284–219 a. C. consonte Pavle Ingorokva.Rapp, p. 274.
Orixe mítica Conforme as Crónicas xeorxianas, Pharnavaz descendía de Uplos, fillo de Mtskhetos, fillo de Kartlos, que era un dos famosos e poderosos oito irmáns, que pola súa parte eran descendentes de Targamos, fillo de Tarsi, o neto de Jafet, fillo do Noaé bíblico. Pharnavaz non figura directamente en fontes non xeorxians e non hai unha indicación contemporánea definitiva para afirmar que foi o primeiro dos reis xeorxianos. A súa historia esta mesturada con trazos e imaxes de fantasía, acumulando o Pharnavaz real unha fachada mítica emerxendo como un modelo de monarca precristián nos anais xeorxianos.Rapp, p. 276.
Na crónica do 800 A vida dos reis, a xenealoxía de Pharnavaz remóntase a Kartlos, o etnarca mítico de Kartli. Seu tío paterno, Samara, era o mamasakhlisi ("pai da casa") das tribos xeorxianas de Mtskheta. A nai de Pharnavaz era unha muller persa de Isfahán Toda a historia de Pharnavaz, aínda que escrita por un cronista cristián, abonda en alusións do iranianas antigas, un reflexo dos lazos entre Kartli e Irán nesa época, confirmados pola arqueoloxía e que tamén ilustra o propio nome "Pharnavaz" coa raíz par- baseada no persa farnah.Rapp, pp. 275-276. Cando Pharnavaz tiña tres anosToumanoff, p. 8 a súa familia quedou destruída e as súas posesións usurpadas por Azo, instalado por Alexandre o Grande durante a súa campaña en Kartli. A invasión de Iberia por Alexandre non aparece só na tradición histórica xeorxiana, senón tamén en Plinio o Vello (4.10.39) e Solino (9.19).Toumanoff, p. 9
Reinado Pharnavaz medrou orfo, un día tivo un soño máxico no que el se unxía coa esencia do sol, que anuncia a peripeteia, esta visión lévao ao convencemento de dedicarse a misións nobres. A continuación marchou a cazar e seguindo un cervo atopou un tesouro agochado nunha cova.Rayfield, p. 61; Rapp, p. 276. Pharnavaz recuperou o tesouro para armar un exército leal contra a tiranía de Azon. Tivo a axuda de Kuji de Cólquida, que casou cunha irmá súa. Aos rebeldes tamén se suman 1000 soldados do campo de Azon .
miniatura|Reino de Iberia durante o reinado de Pharnavaz I Na batalla seguinte os eu exército derrotou e matou a Azon e Pharnavaz converteuse no rei de of Kartlii aos 27 anos., recoñecendo a soberanía dos seléucidas, os sucesores de Alexandre no Oriente Medio, e probablemente seguiu na súa administración o modelo iraniano,Rapp, p. 275. introducindo unha organización militar-administrativa baseada nunha rede de gobernadores rexionais ou eristavi.Rapp, p. 277; Suny, p. 12., quedando a estrutura xerárquica creada por Pharnavaz co rei no cume, seguido dun comandante en xefe do exército real (spaspet)e sete eristavis; os altos comandantes (atasistavis tsikhistavis) das gornicións estacionadas nas fortalezas reais e os comandantes (asistavis) que eran os fillos máis novos das familias aristocráticas; os guerreiros mercenarios profesionais procedentes dos países veciños e os soldados do exército real estaban distribuídos por todo o reino.Gamkrelidze, p. 135 Pero a atribución destas reformas a Pharnavaz podería ser unha proxección de reformas medievais proxectadas ao un remoto pasado..Rapp, p. 277.
Pharnavaz realizou alianzas con varios pobos do Cáucaso norte durante o seu reinado para axudalo tanto contra forzas internas como contra os macedonios.Anchabadze, George. The Vainakhs. Page 19-31.. Seguindo os anais reais xeorxianos fixo da lingua xeorxiana a lingua oficial do reino e creou o alfabeto xeorxiano, mais non existe confirmación arqueolóxica e hai un rexeitamento unánime entre os historiadores de que el fora o creador do alfabeto.Donald Rayfield The Literature of Georgia: A History (Caucasus World). RoutledgeCurzon. ISBN 0-7007-1163-5. P. 19. Documentándose a existencia dunha forma peculiar local do alfabeto arameo na Xeorxia precristiá.Lang, David Marshall. Iran, Armenia and Georgia. In: Yar-Shater, p. 515. Reinou durante 65 anos segundo as crónicas e tras a súa morte enterrouse en fronte do ídolo Armazi.Rapp, p. 280.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rapp, Stephen H. (2003), Studies In Medieval Georgian Historiography: Early Texts And Eurasian Contexts. Peeters Bvba ISBN 90-429-1318-5. Rayfield, Donald (2000), The Literature of Georgia: A History. Routledge, ISBN 0-7007-1163-5. Suny, Ronald Grigor (1994), The Making of the Georgian Nation (2nd edition). Indiana University Press, ISBN 0-253-20915-3. Toumanoff, Cyril (1963), Studies in Christian Caucasian History. Georgetown University Press. Salia, Kalistrat, Histoire de la nation géorgienne, 1980 Gamkrelidze, Gela Researches in Iberia-Colchology, David Braund ed. 2012 Yar-Shater, Ehsan (ed., 1983), The Cambridge History of Iran. Cambridge University Press, ISBN 0-521-24693-8. «Обращение Грузии», перевод с древнегрузинского Е. С. Такаишвили. Редакционная обработка, исследование и комментарии М. И. Чхартишвили. Тбилиси — 1989 Otar Lordkipanidze, « La Géorgie à l'époque hellénistique », dans Dialogues d'histoire ancienne, vol. 9, 1983, pp. 197–216. Marie-Félicité Brosset, Histoire de la Géorgie, Saint-Pétersbourg, 1849. Toumanoff Chronology of the early Kings of Iberia Traditio, Vol. 25 (1969), pp. 1–33
Categoría:Reis de Iberia Categoría:Dinastía Pharnavaziana Categoría:Persoas deificadas