miniatura|Televisión Dixital Terrestre en Portugal. A Televisión Dixital Terrestre en Portugal é considerado un servizo público de radio e televisión en Portugal de titularidade do Estado. A súa xestión faise de forma direta polo propio Estado e dun xeito indirecto, a través das concesión administrativas aos particulares.
RTP1 é unha das canles de televisión de Portugal en aberto que pertence ao grupo de radiotelevisión pública RTP (Rádio e Televisão Portuguesa). Mux 56, 754 Mhz. Pública. RTP2 é segunda canle de televisión da Rádio e Televisão de Portugal. Mux 56, 754 Mhz. Pública. Sociedade Independente de Comunicação, en galego Sociedade Independente de Comunicación, (SIC) é unha canle de televisión de Portugal. Os comezos das súas emisións foron o 6 de outubro do ano 1992 como a primeira canle privada do país. Mux 56, 754 Mhz. Privada. Televisão Independente (TVI), siglas de Televisão Independente (en galego, Televisión Independente) é unha canle de televisión de Portugal. As súas primeiras emisións foron o día 20 de febreiro do ano 1993 como a cuarta canle presente no país. Mux 56, 754 Mhz. Privada. ARTV Canal Parlamento Portugal é a canle que se dedica á retransmisión en directo ou ben en diferido de tódolos eventos da Asemblea da República. Mux 56, 754 Mhz. Sen emisión na actualidade. Pública. RTP3 é unha canle de información que pertence ao grupo de radiotelevisión pública RTP (Rádio e Televisão Portuguesa). Mux 56, 754 Mhz. Pública. RTP Memória é unha canle temático que pertence ao grupo de radiotelevisión pública RTP (Rádio e Televisão Portuguesa). Mux 56, 754 Mhz. Pública.
CanlePosiciónResoluciónMuxPropietarioRTP11SD (720x576i)56RTP S.A.RTP22SD (720x576i)SIC3SD (720x576i)Grupo ImpresaTVI4SD (720x576i)Grupo Media CapitalARTV5SD (720x576i)Assembleia da RepúblicaRTP36SD (720x576i)RTP S.A.RTP Memória7SD (720x576i)
Radio en Portugal A Radio e Televisión de Portugal (RTP) ten tamén tres emisoras de radio: Antena 1, Antena 2 e Antena 3. Ademais, existen tres emisoras privadas, das cales as máis antigas e recoñecidas son Rádio Renascença, Rádio Comercial e Rádio Clube Português.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Canales de TV en TDT a nivel nacional de Portugal , Radio e Televisión pública nacional de Portugal Sociedade Independente de Comunicação
Categoría:Televisión en Portugal