Memoria Pixelada foi un sitio web en galego de actualidade e análises sobre o mundo dos videoxogos. Comezou a súa andaina o 5 de abril de 2009 cun artigo dedicado ao Beyond Good and Evil 2 e finalizou o 12 de xuño de 2015 cun artigo de despedida.
Traxectoria Memoria Pixelada comezou no 5 de abril de 2009 como un proxecto persoal de Juan Salgado (Skaltum), sen máis ambición que a de ser un blog persoal sobre videoxogos. Un ano máis tarde, no 4 de agosto de 2010, xuntouse a el o primeiro colaborador, Jon Amil (AmilGZ), seguido de NetOverflow no 1 de febreiro de 2011. Aí foi cando o proxecto realmente tomou folgos e se tornou en algo máis ambicioso, chegando a contar no seu final cun equipo de cinco redactores, como Agos Reigosa ou nach; sete colaboradores habituais, Carlos Carreira ou manudebroco; e varios colaboradores puntuais.Acerca de nós en Memoria Pixelada
A web contou cun total de 3 deseños. O primeiro deles tivo lugar durante a súa fase de probas no servizo de aloxamentos Blogger. O segundo deles coincidiu co paso a un novo aloxamento web na nube da Dinahosting, que desde entón sería patrocinador dela. Posteriormente, pouco antes do cuarto aniversario, Memoria Pixelada sufriu o seu terceiro e maior redeseño, o cal se mantivo até o seu final.
Alén da web, o equipo de Memoria Pixelada ten colaborado eventualmente no programa Banda Ancha da Radio Galega.
Redes sociais e comunidade
Memoria Pixelada apostou firmemente polas redes sociais. Contaba con perfís activos no Facebook e Twitter, unha canle no Youtube onde publicaban gameplays e outra no Twitch para as emisións ao vivo. Tamén, desde 2011, viñan retransmitindo e comentando as principais conferencias do E3 cada ano a través do Twitter.Retransmisión vía Twitter do #NintE3ndo no Facebook
A web tamén ten apoiado activamente iniciativas como Android en galego (campaña para reivindicar unha versión en galego do sistema operativo Android) ou 21 días co galegoDía 6 na campaña 21 días co galego do IES da Pobra do Caramiñal.
Cada ano, como tradición e modo de apoiar a recuperación do día dos enganos, publicaban unha nova falsa no 1 de abril.
Legado
Despois da súa desaparición, varias das persoas que integraban o equipo continuaron o seu traballo noutros espazos, promovendo proxectos como Canto Ghalpón ou Recuncho Gamer. Tamén foi unha influencia para proxectos como a Revista Morcego.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Recuncho Gamer Revista Morcego
Categoría:Blogs Categoría:Sitios web de videoxogos Categoría:Sitios web en galego