Sybilla Masters, finada en 1720, foi a primeira muller que coñecemos como inventora (adiantándose oitenta anos á segunda inventora norteamericana), así como a primeira persoa das colonias inglesas en norteamérica en patentar. O seu nacemento, data e lugar, son descoñecidos.

Traxectoria Nas colonias norteamericanas comíase fariña de millo, que as mulleres moían entre dúas pedras grandes, levando unha gran cantidade de traballo. Sybilla observou ás mulleres nativas, que machacaban o millo con paus cun bo rendemento, a raíz do que inventou un muíño que usaba martelos e do que se obtiña fariña limpa, o que permitiu ver o resultado dende unha nova perspectiva, ó que chamou “Arroz Tuscarora”. Partiu da colonia a Inglaterra en 1712 para patentar o invento, pero tivo que esperar ó 1715 para que o rei lle concedera a patente para ó nome do seu marido Thomas Masters, que, legalmente pasou a ser o inventor, pero sempre mantivo a autoría da súa muller. Sybilla volveu a América no 1716, despois dunha segunda patente: era hábil coas súas mans; traballaba con follas de palma e palla, e discorreu un xeito de entretecelas, o que usou para facer sombreiros, poñendo unha tenda en Londres para a venda de sombreiros e bonetes feitos dese xeito mentres esperaba a concesión de patentes (que daquela non seguía unhas normas burocráticas como na actualidade). Á volta a América, Thomas Masters construíu un muíño coa súa idea para exportar a Inglaterra a nova fariña, pero así como o muíño traballou ben, o novo sabor non tivo mercado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2. Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.

Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Categoría:Inventores do Reino Unido Categoría:Nados en 1675 Categoría:Finados en 1720 Categoría:Nados nas Bermudas