Fame Neghra é un grupo galego formado na cidade de Santiago de Compostela no ano 1989, aínda que non debutou ao vivo con ese nome até o 1 de maio de 1991. Practicaron hardcore punk en galego nos anos 90 e pertence á mesma xeración de bandas de Hardcore de Mol, Dirty Barriguitas, Irmandiños e Néboa. Dos seus integrantes xurdiron máis tarde novas bandas como Samesugas, Japón 84, The Homens e Grampoder.
Historia
Gravaron dúas maquetas producidas por eles mesmos: a primeira, Kaña en Loita (Autoeditado, 1990) e a segunda un ano despois: Antes Mortos (Autoeditado, 1991).
Xa en 1992 gravan o 7" EP de catro temas Benvidos a Famelandia (Potencial H.C. / Treboada, 1992) e un ano despois o split Fame Neghra / Dirty Barriguitas 7" (Treboada, 1993). De aí xorde unha digresión pola Galiza e parte do Estado onde van gañando recoñecemento na escena Hardcore.
Cara 1994 reducen a súa presenza nos escenarios sen que por iso se resinta a súa produción, compondo unha certa cantidade de temas que van aparecendo en diversas compilacións en casete. C'O neno carburador (Lixo Urbano, 1998) achégase a un son virado cara un punk rock máis ecléctico.
Membros
Ramón Rúa, batería Álex García Carril, guitarra Suso Fandiño, baixo e voz. Óscar Ínsua, guitarra (primeiras maquetas) Martinho, trompeta e guitarra (incorporado no 96-97)
Discografía Kaña en Loita Casete, Maqueta (Autoeditado, 1990) Antes Mortos Casete, Maqueta (Autoeditado, 1991) Benvidos a famelandia 7" EP (Potencial H.C. / Treboada, 1992) Fame Neghra / Dirty Barriguitas 7" (Treboada, 1993) O neno carburador CD, álbum (Lixo Urbano, 1998)
Participación en recompilatorios Recopilacion Antikapitalista (Antitoxic Records, 1994, co tema "O Lado Apodrecido") Walkin' On The Wild Side (Olo Producciones, 1993, "Violencia Various") Killer Lixo Vol. 1 (Lixo Urbano, 1999, co tema "Onde estám?" e "Nom hai nada máis") Killer Lixo Vol. 2 - O Retorno do Lixo Assassino (Lixo Urbano, 2001 coa versión de No Means No "Beiços, línguas e pulmóns") Never Trust A Punk Volume II (Rumble Records, 2000, co tema "Matanza Em Porco Enterprises")
Véxase tamén Ligazóns externas Entrada en GZMúsica. Vídeo ao vivo na NASA en febreiro de 1996. Vídeo no programa Chambo da TVG "Onde estám?" Máis sobre a escena hardcore-punk de Compostela principios da década de 90 Blog con reviews das maquetas
Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais de rock