A Sinfonía n.º 8 en mi bemol maior de Gustav Mahler, coñecida co sobrenome de der Tausend (dos mil), é unha das obras corais de maior escala do repertorio orquestral clásico. Debido a que require unha enorme cantidade de instrumentistas e coristas, é denominada frecuentemente "Sinfonía dos mil", aínda que a obra adoita interpretarse con menos de mil intérpretes e o propio Mahler non aprobou dito sobrenome. A obra foi composta nun único período de inspiración, en Maiernigg no sur de Austria no verán de 1906. Foi a última obra que Mahler estreou en vida e acadou un grande éxito de crítica e público cando o compositor a dirixiu na súa estrea absoluta na cidade bavaresa de Múnic (Alemaña), o 12 de setembro de 1910.

A fusión da canción e a sinfonía fora unha característica das primeiras obras de Mahler. No seu período compositivo "medio" a partir de 1901, un cambio de rumbo levouno a compoñer tres sinfonías puramente instrumentais. A Oitava, que marca o final do período "medio", volta a unha combinación de orquestra e voz nun contexto sinfónico. A estrutura da obra non é convencional; en lugar de seguir a estrutura normal en varios movementos, a obra divídese en dúas partes. A primeira parte está baseada no texto latino dun himno cristián do século IX para Pentecoste, Veni Creator Spiritus (Ven, Espírito Creador) e a segunda parte é un arranxo das palabras da escena final do Fausto de Goethe. As dúas partes están unificadas por unha idea común, a da redención a través do poder do amor, unidade transmitida mediante temas musicais comúns.

Mahler estaba convencido dende o principio da importancia da obra, ao renunciar ao pesimismo que marcara gran parte da súa música, ofreceu a Oitava como unha expresión de confianza no eterno espírito humano. No período que seguiu á morte do compositor, as interpretacións foron relativamente pouco comúns. Porén, dende a metade do século XX en diante, a sinfonía ten sido programada con regularidade nas salas de concertos de todo o mundo, e gravouse en numerosas ocasións. Sen deixaren de recoñecer a súa ampla popularidade, os críticos modernos teñen opinións divididas sobre a obra; Theodor W. Adorno, Robert Simpson e Jonathan Carr encontran o seu optimismo pouco convincente e considérana artística e musicalmente inferior a outras sinfonías de Mahler. Porén, tamén foi comparada -por Deryck Cooke- coa Novena Sinfonía de Beethoven como unha declaración da definición humana do seu século.

miniatura|250px|Estrea nos Estados Unidos (1916), por parte da Philadelphia Orchestra e coros, baixo a dirección de Leopold Stokowski, (1068 músicos en total).

Historia Antecedentes miniatura|left|Gustav Mahler en 1909. Contra o verán de 1906, Mahler levaba xa nove anos como director da Wiener Hofoper (en lingua galega "Ópera da Corte de Viena"). Como cada verán, dende aquela, Mahler marchaba de Viena cando finalizaba a tempada da Hofoper, adicándose en corpo e alma á composición. Dende 1899, este refuxio estivera en Maiernigg, preto da cidade turística de Maria Wörth en Carintia, ao sur de Austria, onde Mahler construíu un chalé con vistas ao lago Wörthersee. Nesta relaxante contorna Mahler completou as súas Cuarta, Quinta, Sexta e Sétima sinfonías, os Rückert-Lieder e o seu ciclo de cancións Kindertotenlieder (Cancións aos nenos mortos).

Ata 1901, as composicións de Mahler estiveran fortemente influídas pola colección de cancións populares alemás Des Knaben Wunderhorn (O corno máxico da xuventude), coas que tivo o primeiro contacto contra 1887. (4. Praga 1885–86 e Leipzig 1886–88) A música dos numerosos arranxos de Mahler sobre Wunderhorn reflíctese nas súas Segunda, Terceira e Cuarta sinfonías, as cales empregan efectivos vocais así como instrumentais. Con todo, dende aproximadamente 1901, a música de Mahler someteuse a un cambio en carácter a medida que avanzaba cara ao período "medio" da súa vida compositiva. É aquí onde os poemas de Friedrich Rückert, máis austeros, substitúen á colección Wunderhorn como influencia principal; ditas cancións están menos relacionadas co folclore, e infíltranse dun xeito menos amplo nos temas das sinfonías que antes. Durante este período foron escritas a Quinta, a Sexta e a Sétima sinfonías, todas elas obras puramente instrumentais, descritas polo estudoso de Mahler Deryck Cooke como "máis severas e directas ..., con máis tensión sinfónica e unha orquestración sólida coma o granito".

Mahler chegou a Maiernigg en xuño de 1906 co borrador da súa Sétima Sinfonía, coa intención de revisar a orquestración ata que xurdira unha idea para unha nova obra. Alma Mahler, a muller do compositor, explica nas súas memorias que, durante quince días, Mahler estivo "perseguido polo espectro dunha inspiración infrutuosa"; con todo, segundo lembra o propio Mahler, o primeiro día de vacacións foi capturado polo espírito creativo, e somerxeuse de inmediato na composición da obra que se convertería na súa Oitava Sinfonía.

Composición Dúas notas do puño e letra de Mahler con data de xuño de 1906 mostran que os primeiros plans para a obra, a cal non tiña pensado escribir por completo como unha sinfonía coral, estaban baseados nunha estrutura de catro movementos na cal dous "himnos" rodean a un núcleo instrumental. Estes esquemas evidencian que Mahler tiña clara a idea de comezar co himno latino, mais non decidira a forma precisa do resto. A primeira nota dicía o seguinte:

Himno: Veni Creator Scherzo Adagio: Caritas ("Amor cristián") Himno: Die Geburt des Eros ("O nacemento de Eros")

A segunda nota inclúe bosquexos musicais para o movemento do Veni Creator e dous compases en si menor que se cre que están relacionados co Caritas. O esquema en catro movementos mantense nunha forma lixeiramente diferente, aínda sen unha indicación específica da extensión do elemento coral:

Veni Creator Caritas Weihnachtspiele mit dem Kindlein («Xogos de nadal co neno») Schöpfung durch Eros. Hymne («Creación a través de Eros. Himno»)

miniatura|A casiña que Mahler empregaba para compoñer, situada en Maiernigg, onde compuxo a Oitava Sinfonía ao longo do verán de 1906.

Dos últimos comentarios de Mahler sobre a xestación da sinfonía, é evidente que o esquema en catro movementos durou relativamente pouco. Axiña substituiría os últimos tres movementos por unha única sección, esencialmente unha cantata dramática, baseada na escena final do Fausto de Goethe, a Parte II -a descrición dun ideal de redención a través da feminidade eterna (das Ewige-Weibliche). Mahler aspirou durante moito tempo a poñer ao final do épico Fausto música, "de xeito bastante distinto ao resto de compositores que o fixeran empachoso e feble". En comentarios gravados polo seu biógrafo Richard Specht, Mahler non menciona en ningún momento o esquema en catro movementos que tiña pensado nun principio. Contoulle a Specht que téndose encontrado por casualidade co himno Veni Creator, tivo unha visión repentina da obra ao completo: "Vin a peza enteira inmediatamente ante os meus ollos e só tiven que escribila como se me fose ditada".

A obra foi escrita a un ritmo frenético, "en tempo récord", segundo o musicólogo Henry-Louis de La Grange. O esencial foi completado cara a mediados de agosto, e iso a pesar de que Mahler tivo que ausentarse durante unha semana para asistir ao Festival de Salzburgo. Mahler comezou a compoñer o himno Veni Creator sen esperar a que o texto lle chegara de Viena. Unha vez chegou, de acordo con Alma Mahler, "o texto completo encaixaba coa música perfectamente. De xeito intuitivo compuxera a música para as estrofas completas [versos]". Aínda que se realizaron algunhas correccións e cambios na partitura, apenas hai evidencias nos manuscritos de que se tiveran reescrito páxinas ou feito modificacións radicais, a diferenza de anteriores sinfonías ao ser preparadas para os ensaios previos á estrea. A sinfonía está adicada á "súa querida muller Alma Maria".

Co uso de elementos vocais durante toda a composición, máis que en episodios ao final ou preto del, a obra foi a primeira sinfonía completamente coral que se escribiu. Mahler non tivo dúbidas sobre o carácter innovador da sinfonía, cualificándoa como a cousa máis grande que fixera, e mantiña que todas as súas sinfonías anteriores non eran máis que un preludio da mesma. "Traten de imaxinar o universo enteiro comezando a soar e resoar. Xa non hai voces humanas, senón planetas e soles xirando". Foi o seu "agasallo á nación [...] un gran portador de ledicia".

Efectivos instrumentais e vocais Orquestra A sinfonía está escrita para unha orquestra moi grande, de acordo coa concepción de Mahler da obra como un "novo universo sinfónico", unha síntese de sinfonía, cantata, oratorio, motete e lied nunha combinación de estilos. La Grange comenta ao respecto: "Para expresar a súa visión cósmica, era [...] necesario ir máis aló dos límites e dimensións anteriormente coñecidos". Os efectivos orquestrais que se precisan son, con todo, non tan numerosos coma os despregados no oratorio Gurre-Lieder de Arnold Schönberg, completado en 1911, ou a Primeira Sinfonía "Gótica" de Havergal Brian. A partitura de Mahler require da utilización de:

Orquestración da Oitava Sinfonía |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 4 frautas, 2 piccolos (un dobrando coa 5ª frauta), 4 óboes, corno inglés, 3 clarinetes en si bemol, 2 requintos en mi bemol (canto menos), clarinete baixo, 4 fagots e contrafagotMetais |- | | 8 trompas, 4 trompetas, 4 trombóns, tuba Un grupo "situado á parte" de 4 trompetas (a primeira das cales pode ser dobrada) e 3 trombóns |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión 2 xogos de timbais, pratos, bombo, gong, ferriños e campás tubulares de rexistro grave Mahler tamén engadiu un carillón durante os ensaios finaisCordas |- | | Violíns (primeiros e segundos), violas, violonchelos e contrabaixos |- | bgcolor="#FFECB2"|Outros Un órgano, un harmonio, un piano (tamén engadido a posteriori durante os ensaios), dúas arpas (aínda que serían convenientes catro), unha celesta e canto menos unha mandolina (mais preferiblemente varias)

Mahler suxeriu que, en salas moi grandes, o primeiro instrumento de cada sección de vento-madeira fora dobrado e que os efectivos nas cordas tamén se incrementaran.

Efectivos vocais e corais Os efectivos corais e vocais comprenden dous coros SATB, un coro de nenos e oito solistas: tres sopranos, dúas contraltos, tenor, barítono e baixo. Na Parte II os solistas representan papeis dramáticos do texto de Goethe, tal e como se mostra na táboa seguinte.

Tipo de vozPapelSolistas da estrea, DescriciónPrimeira sopranoMagna PeccatrixGertrude Förstel (Ópera de Viena)A pecadora que perfumou os pés de Cristo na casa do fariseo (Evanxeo segundo San Lucas, capítulo 7).Segunda sopranoPoenitentiumMartha Winternitz-Dorda (Ópera de Hamburgo)Unha penitente, chamada Margarita, á cal en vida Fausto tan cruelmente agraviou.Terceira sopranoMater GloriosaEmma Bellwidt (Frankfurt)A Virxe María.Primeira contraltoMulier SamaritanaOttilie Metzger (Ópera de Hamburgo)A muller samaritana, que Xesús coñeceu no pozo (Evanxeo segundo San Xoán, capítulo 4).Segunda contraltoMaria AegyptiacaAnne Erler-Schnaudt (Ópera de Múnic)María de Exipto, santa patroa das penitentes, que viviu os últimos cincuenta anos da súa vida como ermitá no deserto cerca do río Xordán.TenorDoutor MarianusFelix Sensius (Berlín)A alma transformada de Fausto.BarítonoPater EcstaticusNicola Geisse-Winkel (Ópera de Wiesbaden)Anacoreta santo que está meditando acerca do seu camiño cara á comprensión divina. Encóntrase nun nivel elevado de comprensión e adquiriu a habilidade de flotar no aire arriba e abaixo, de aí que teña unha tesitura máis aguda.BaixoPater ProfundusMichael Mayer (Ópera de Viena)É outro ermitán santo, que se encontra a un nivel máis baixo de comprensión, por iso ten voz de tesitura grave.