Isaiah Canaan, nado o 21 de maio de 1991 en Biloxi, Mississippi, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no KK Crvena zvezda serbio.

Traxectoria profesional Canaan foi elixido na 34ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Houston Rockets.Rockets Draft Isaiah Canaan O 15 de xullo de 2013, asinou o seu contrato de rookie cos Rockets.Roster Taking Shape for the Rockets Durante a súa primeira tempada, foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.

O 19 de febreiro de 2015, Canaan foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2015 ós Philadelphia 76ers, a cambio de K. J. McDaniels. Tres días máis tarde fixo o seu debut cos Sixers, na derrota por 98-103 contra os Orlando Magic. Canaan acadou 14 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias en 29 minutos de xogo.

O 30 de xaneiro de 2019, Canaan asinou un contrato de dez días cos Minnesota Timberwolves.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do UNICS Kazan Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda