Rubén Pérez Correa, nado en Vigo en 1977, é un político galego.
Traxectoria miniatura|Papeleta das Eleccións locais 2019 en Vigo de Marea de Vigo. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Comité Central do Partido Comunista de Galicia dende 1997 e do seu comité executivo dende 2000. Militante de CCOO desde 2004. Foi secretario de organización da federación galega do PCE, e de Esquerda Unida. Actualmente é coordinador local de Esquerda Unida en Vigo. Foi elixido candidato da Marea de Vigo para as eleccións municipais de 2015, 2019 e as de 2023. Logo das Eleccións xerais de España de 2023 pasou a ser secretario de Estado de Mocidade e Infancia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Izquierda Unida
Categoría:Políticos de Esquerda Unida Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Vigo