José Ángel Vázquez Barquero, nado en Ourense en 1960, é un político e economista galego do PSdeG-PSOE. Traxectoria Licenciouse en Económicas na Universidade Complutense e é profesor na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Foi vicerreitor de innovación educativa e estudantes da Universidade de Vigo (1995-1998).

Militante do PSdeG-PSOE dende 1998, tralo acceso desta formación ó goberno do Concello de Ourense en 2007 foi nomeado director xeral de Emprego e Promoción Económica. Nas eleccións municipais de 2011 saíu elixido concelleiro e pasou a ocuparse das áreas de Promoción Económica, Emprego e Termalismo.

Concorreu ás primarias de novembro de 2014 para a elección do candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense para as municipais de 2015 e venceu ao exsecretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez.Barquero derrota a Pachi Vázquez, Radio Galega, 30 de novembro de 2014 Nesta convocatoria electoral o PSdeG pasou á oposición e foi o portavoz do Grupo Municipal Socialista. Foi un dos principais apoios en Ourense de Pedro Sánchez nas primarias de 2017 fronte a Susana DíazBarquero: "No queda más remedio que posicionarnos en la izquierda, no se puede estar entre dos aguas", resultando este amplamente gañador na cidade e na provincia. Concorreu de novo ás primarias para a alcaldía de Ourense en novembro de 2018, enfrontándose á profesora universitaria Elena de Prada e resultando novamente gañadorVázquez Barquero gana las primarias del PSdeG en Ourense. Porén, en marzo de 2019 presentou a súa renuncia como candidato á alcaldía tralas modificacións introducidas pola comisión de listas do partido na súa candidatura, renunciando tamén como concelleiroBarquero renuncia a liderar el PSOE el 26-M tras laminar Ferraz su lista.

Permaneceu fora da primeira liña política ata as eleccións municipais de 2023, nas cales volveu como número 3 da candidatura do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense encabezada polo exalcalde Paco Rodríguez. Resultou elixido concelleiro, e pasou a formar parte da oposición.

En xullo de 2023 expuxo a súa tese de doutoramento, que trata sobre modelos de aproveitamento de recursos termais en Europa, e onde facía a correspondente comparación coa cidade de OurenseVichy, Bath y Chaves, modelos para convertir Ourense en ciudad termal.

En outubro de 2025 deixou a acta de concelleiro logo de que concelleiras do PSdeG, entre elas a voceira Natalia González, apoiasen o alcalde Pérez Jácome nun pleno para a validación dunhas contas.

Notas

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes