Drink Hunters é un grupo de música catalán procedente de Barcelona e arredores. A súa música é unha mestura de punk rock, hardcore punk, música tradicional e música celta con melodías e instrumentos tradicionais como o tin whistle ou o violín. Este estilo musical é comunmente chamado celtic punk ou folk punk. As súas letras, cantadas en inglés, tratan temas diversos, aínda que toman protagonismo a denuncia social, diversos feitos históricos e a bebida e a festa.

Historia Drink Hunters, naceu na cidade de Barcelona o 2008 cando Pau (batería e coros) e Aaron (baixista e vocalista) decidiron emprender o camiño do Celtic punk. Estes falaron da idea con Raja (guitarrista e coros) para crear os alicerces do proxecto que tiñan en mente. Só faltaban os elementos que cargarían o seu enérxico punk rock con toques folclóricos irlandeses e para iso contactaron con Nando (violín) e Rosa (acordeón diatónico). A principios do 2013 ficharon a Isra (irish tin whistle) que se engadiu á formación actual. No 2010, lograron gravar o seu primeiro EP, o cal foi completamente autoproducido. No 2010 ficharon polo selo "Discos Rayados" e a finais dese mesmo ano tiveron a oportunidade de aparecer no recompilatorio "Whiskey Devils a tribute to The Mahones" versionando o tema "Take no Prisoners".http://celticfolkpunk.blogspot.com.es/2011/04/review-various-artist-whiskey-devils.html A finais do 2011, presentaron o seu primeiro álbum de 13 cancións "With my Crew" o cal os axudou a obter varios concertos e recoñecemento fóra de Cataluña e da Península Ibérica. En marzo do 2012 participaron nun recompilatorio de Paddy Rock (Paddy Rock Vol. 4) co tema "With my Crew" xunto a outros grupos como The Mahones ou The Rumjacks. O ano 2014 presentaron o seu último álbum chamado "Lurking behind the woods" que máis tarde mostraron na súa primeira xira europea pasando por Francia, Italia, Alemaña, Eslovaquia e República Checa. Ese mesmo ano presentaron o seu primeiro videoclip do tema do seu novo disco "The Big Fella".http://www.wakesound.com/drink-hunters-presentan-su-nuevo-video

Drink Hunters compartiu escenario con bandas como: The Real Mckenzies, Mad Caddies, Pipes and Pints, The Dreadnoughts, La Plebe, Blowfuse, Freygolo, Bastards on Parade, Skontra, Brutus Daughters, entre outros.

Membros

Formación actual Pau: batería, voces. Aaron: baixo, voz. Raja: guitarra, voces. Nando: violín. Isra: tin whistle, voces.

Antigos membros Rosa: Acordeón.

Discografía

I love whisky I love beer - Maqueta, 2009 Drinking Song It's in your hands Warrior Souls In my Head

With my Crew - Álbum, 2012 Welcome to Happiness It's in your hands I don't need you Fucking cops All night drunk With my Crew Drinking Song Scum In your paradise She was In my head Warriors Souls Molly never sleeps alone

Lurking behind the Woods - Álbum, 2014 Intro: Lurking behind the Woods Speciecism Breogan's Descendents Party at Paul's house Speak more than a Fucking Politician The Big Fella Kill the King The Hunter Song Rolling Down Just Tomorrow Second Chance The Same Story Stupid Trends Nasty Dictator Colaboracións

Whiskey Devils a tribute to The Mahones (Whiskey Devils Records, 2010) 6. Take no Prisoners Paddy Rock Vol. 4 (Paddy Rock, 2012) 21. With my Crew''

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio propio en Bandcamp Sitio propio en Facebook Entrevista a Drink Hunters en Wakesound Magazine

Categoría:Grupos musicais de celtic punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de folk rock