Ovidio Rodeiro Tato, nado en Boqueixón en 1972, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Diplomado en Maxisterio, foi concelleiro en Boqueixón dende 1999 ata 2009 baixo o mandato de Adolfo Gacio, sendo primeiro tenente de alcalde dende 2003 e ocupando diversas áreas de goberno durante eses anos como Cultura e Deportes ou Obras e Urbanismo. En 2009 foi nomeado Director Xeral de Xuventude e do Voluntariado da Xunta de Galicia, cargo no que se mantivo ata o 2015, cando encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón para as eleccións municipais e foi elixido alcalde con maioría absoluta.
A finais do 2016 renunciou á alcaldía para pasar a ser Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, manténdose no cargo ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, nas cales foi elixido deputado. Encabezou a candidatura do PPdeG en Boqueixón nas municipais de 2023 e volveu a ser elixido alcalde con maioría absoluta, polo cal tivo que renunciar como deputado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Boqueixón
Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Boqueixón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1972 Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia