MOST, acrónimo de Microvariability and Oscillations of Stars, é un observatorio espacial da Axencia Espacial Canadense usado para facer medicións da variabilidade das estrelas. Foi lanzado o 30 de xuño de 2003 desde o cosmódromo de Plesetsk mediante un foguete Rokot.
Características MOST ten forma de caixa de 65 x 65 x 30 cm e unha masa de 51 kg. Leva como único instrumento un telescopio reflector de 15 cm de apertura para estudar as variacións no brillo das estrelas causadas polas ondas de son na súa superficie e polo tránsito de posibles planetas.
Os obxectivos científicos de MOST son:
Estudar a astrosismoloxía das oscilacións dos modos acústicos e gravitatorios en varios tipos de estrelas. Estudar os tránsitos e eclipses de exoplanetas arredor de estrelas de tipo solar e ananas roxas. Medir as variacións turbulentas en estrelas masivas e evolucionadas (estrelas Wolf Rayet). Medir a estrutura e variabilidade dos discos de gas e po arredor de estrelas da secuencia preprincipal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de MOST
Categoría:Observatorios espaciais