O Gran Premio Caesars Palace de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 25 de setembro de 1982 na franxa de Las Vegas. Foi a última carreira da tempada de Fórmula Un de . Foi gañado por Michele Alboreto co Tyrrell.

Resumo Por primeira vez desde que comezara o Campionato Mundial en 1950, un país foi sede de tres roldas na mesma tempada de 1982. A última carreira do ano, e o terceira nos Estados Unidos, unha vez máis, decidía o campionato. Keke Rosberg de Williams tiña 42 puntos, avantaxaba a John Watson de McLaren que tiña 33, e necesitaba terminar sexto ou mellor para asegurar o título. A carreira foi o último Gran Premio do ex campión do mundo Mario Andretti.

As pechadas curvas do circuíto e as curtas rectas permitiron que os coches non turbo foran máis competitivos do habitual, con Michele Alboreto no Tyrrell e Eddie Cheever no Talbot Ligier entre os máis rápidos. Os Renault turboalimentados de Alain Prost e René Arnoux lograron a primeira e segunda posicións na cualificación, con máis de oito décimas de vantaxe sobre Alboreto. Os dous aspirantes ao título, Rosberg e Watson, pola súa banda, estaban en sexta e novena posición respectivamente, separados polos Ferraris de Mario Andretti e Patrick Tambay.

O sábado, Prost liderou desde a pole, seguido polo seu compañeiro Arnoux. Cheever, desde a cuarta posición da grella, estaba decidido a pasar a Alboreto polo exterior na primeira curva a esquerdas. Tocáronse cas rodas, pero ambos continuaron con Alboreto aínda diante, pero o Ligier de Cheever cunha roda dianteira vibrando e o Tyrrell de Alboreto cunha marca de pneumático no pontón lateral dereito.

Nas dez primeiras voltas, os Renault distanciáronse de Alboreto, con Arnoux agora líder. O Tyrrell comezou a igualar os tempos de Arnoux, pero cando se acercaba, Prost tomou o liderado na volta 15. O coche de Arnoux parecía ter problemas que resultaron ser certos, xa que o Renault retirouse na volta 21.

Watson, pola súa banda, caera a duodécima posición nas primeiras voltas, pero pasou a Piquet na volta 12, e a continuación, a Rosberg, Andretti e Cheever nas voltas sucesivas, ata alcanzar o terceiro lugar, con trinta segundos diferenza cos dous líderes. Pero, cando Andretti esperaba axudar a lograr o título de construtores para Ferrari, tivo que retirarse na volta 27 coa suspensión traseira rota, Rosberg fíxose cargo do quinto lugar que buscaba.

Entre os líderes, Alboreto estaba cada vez máis preto de Prost, e Watson continuaba a pechar a diferenza con deles. O Mclaren de Niki Lauda retirouse na volta 54, mentres que Alboreto eliminara a brecha con Prost, e conseguira tomar por primeira vez o liderado nun Gran Premio. Os pneumáticos de Prost recolleran caucho e desenvolveran vibracións. catro voltas despois, Watson tamén o capturara e pasara, pero tiña o mesmo problema que Prost, e non puido acercarse a Alboreto.

Alboreto logrou unha cómoda vitoria, a súa primeira e a primeira para Tyrrell en catro anos. Alboreto foi o 11º vencedor diferente dese ano. Cheever tamén foi capaz de superar a un débil Prost para ser terceiro, a nove voltas do final. A menos de tres segundos por detrás de Prost e o último coche na volta do líder, foi Rosberg, que polo tanto gañou o título.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 75 1:41:56.888 3 9 2 7 John Watson McLaren-Ford 75 + 27.292 segs 9 6 3 25 Eddie Cheever Ligier-Matra 75 + 56.450 segs 4 4 4 15 Alain Prost Renault 75 + 1:08.648 1 3 5 6 Keke Rosberg Williams-Ford 75 + 1:11.375 6 2 6 5 Derek Daly Williams-Ford 74 + 1 volta 14 1 7 29 Marc Surer Arrows-Ford 74 + 1 volta 17 8 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 74 + 1 volta 19 9 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 73 + 2 voltas 18 10 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 73 + 2 voltas 16 11 30 Mauro Baldi Arrows-Ford 73 + 2 voltas 23 12 17 Rupert Keegan March-Ford 73 + 2 voltas 25 13 18 Raul Boesel March-Ford 69 + 6 voltas 24 NC 9 Manfred Winkelhock ATS-Ford 62 Nonclasificado 22 Ret 8 Niki Lauda McLaren-Ford 53 Motor 13 Ret 33 Tommy Byrne Theodore-Ford 39 Trompo 26 Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 32 Buxías 10 Ret 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 28 Motor 20 Ret 28 Mario Andretti Ferrari 26 Suspensión traseira 7 Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 26 Buxías 12 Ret 16 René Arnoux Renault 20 Motor 2 Ret 2 Riccardo Patrese Brabham-BMW 17 Embrague 5 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 8 Colisión 21 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 5 Encendido 11 NTS 27 Patrick Tambay Ferrari 0 Piloto no apto 8 NTS 14 Roberto Guerrero Ensign-Ford 0 Motor 15 NTS 31 Jean-Pierre Jarier Osella-Cosworth 0 Accidente 27 DNQ 36 Teo Fabi Toleman-Hart NSC 10 Eliseo Salazar ATS-Ford NSC 20 Chico Serra Fittipaldi-Ford

Notas Rosberg e Watson ambos entraron nesta carreira coa oportunidade de gañar o Campionato de Pilotos. Rosberg (42pts) bastáballe con puntuar Sexto ou mellor Watson segundo ou peor Watson (33pts) necesita gañar, con Rosberg sétimo ou peor. Se Watson igualaba puntos de Rosberg se gañaba a carreira e Rosberg terminaba fóra dos puntos, Watson gañaba o Campionato de Pilotos, porque gañara unha carreira máis que Rosberg durante a tempada. Por primeira vez en 18 anos, tres equipos entraron na última carreira con posibilidades de gañar o Campionato de Construtores. Ferrari (74pts) necesitaba ser ou ben que Segundo (ou cuarto e quinto) ou mellor Cuarto (ou quinto e sexto) ou mellor, cos McLaren primeiro e terceiro ou peor Quinto ou mellor, cos McLaren primeiro e cuarto ou peor Sexto ou mellor, cos McLaren primeiro e quinto ou peor Os McLaren anotando menos de 11pts, cos Renault primeiro e terceiro ou peor McLaren-Ford (63pts) necesitaba ser ou ben Primeiro e segundo, cos Ferrari anotando menos de 5 puntos Primeiro e terceiro, cos Ferrari anotando menos de 3 puntos Primeiro e cuarto, cos Ferrari sexto ou peor Primeiro e quinto, co Ferrari sétimo ou peor Renault (59pts) necesita ser primeiro e segundo, cos Ferrari sétimo ou peor.

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Driver Points 1 Keke Rosberg 44 2 Didier Pironi 39 3 John Watson 39 4 Alain Prost 34 5 Niki Lauda 30

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 74 2 McLaren-Ford 69 3 Renault 62 4 Williams-Ford 58 5 Lotus-Ford 30

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Referencias

Rob Walker (xaneiro de 1983). "2nd Las Vegas Grand Prix: King Keke". Road & Track, 96-99. Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1982 Categoría:Gran Premio Caesars Palace de Fórmula 1