O nome San Vítor pode referirse a varios santos do cristianismo:
Vítor de Damasco, mártir de mediados do século II; celébrase a súa festividade o 14 de maio; Vítor I, papa da igrexa católica a finais do século II; celébrase a súa festividade o 28 de xullo; Vítor de Braga, mártir finado no ano 300; Vítor de Mauritania, soldado romano e mártir, finado cara ao ano 303; celébrase a súa festividade o 8 de maio; Vito de Lucania, mártir siciliano, finado cara ao 303; celébrase a súa festividade o 15 de xuño; Vítor de Marsella, soldado romano e mártir, finado cara ao ano 303 ou 304; celébrase a súa festividade o 21 de xullo; Vítor de Xanten, soldado e mártir do século IV; celébrase a súa festividade o 10 de outubro.
Véxase tamén Outros artigos
Capela e necrópole de San Vítor de Barxacova, conxunto arqueolóxico situado no concello de Parada de Sil, formado polos restos dunha capela medieval e unha necrópole con tumbas antropomorfas escavada en pedra; Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vítor