Gaoth DobhairOrde de 2004 para os topónimos (Ceantair Ghaeltachta) páxina 154 (de 155) (en ), é unha parroquia gaélicofalante que se atopa na costa atlántica do condado de Donegal, en Irlanda. Gaoth Dobhair esténdese uns 25 km dende a localidade de Mín an Chladaigh ao norte até Croithlí no sur, e uns 14 km dende Dún Lúiche no leste até Machaire Chlochair no oeste. Trátase dunha das zonas rurais máis densamente poboadas de todo Europa.

Tamén é a meirande parroquia gaélicofalante de todo Irlanda, cunha poboación de 4.065 persoas (2002),http://travel.timesonline.co.uk/tol/life_and_style/travel/destinations/ireland/article2544786.ece A Lost Weekend in Donegal e acolle os estudios rexionais do servizo de radio RTÉ Raidió na Gaeltachta no noroeste, así como tamén un campus externo da Universidade Nacional de Irlanda en Galway.http://www.donegalcottageholidays.com/towns/holiday-cottage-kincasslagh.php Gaoth Dobhair atópase preto do punto máis elevado de Donegal, o monte Errigal,Gaoth Dobhair e o monte Errigal e inclúe as localidades de An Bun Beag, Doire Beag, Dún Lúiche, Croithlí e Bun an Leaca.Logainmneacha Ghaoth Dobhair, Tír Chonaill, Éire

Gaoth Dobhair é principalmente coñecido por ser o berce da cultura de Irlanda,http://www.gweedore.net/?p=57 mantedor dos antigos costumes irlandeses, a música tradicional, o teatro, os deportes gaélicos e a lingua irlandesa como eixe fundamental da vida da poboación local. Por todo isto, xunto coas súas paisaxes e praias, Gaoth Dobhair converteuse nun destino turístico moi popular, sobre todo entre os visitantes de Irlanda do Norte. Gaoth Dobhair e os distritos veciños de Cloch Cheann Fhaola e Na Rosa son coñecidos popularmente como "as tres parroquias", xa que forman unha rexión social e cultural de seu dentro do condado, sendo Gaoth Dobhair o seu epicentro industrial e de servizos.

Etimoloxía 240px|miniatura|Vista de Gaoth Dobhair e a súa foz que lle dá nome dende Cnoc Fola. Gaoth Dobhair non se refire a unha soa localidade ou vila, senón a unha parroquia que aglutina varias vilas. Aínda que o único nome orixinal e oficial é Gaoth Dobhair, a tradución inglesa Gweedore tamén é empregada de xeito non oficial. Gaoth fai referencia a unha entrada do mar na foz do río Croithlí, coñecida como An Gaoth, que fai de límite entre Gaoth Dobhair e Na Rosa ao sur. Dobhar é unha antiga voz irlandesa que significa auga, polo que Gaoth Dobhair poderíase traducir como "o esteiro de auga".

Linguas Ao atoparse nunha área Gaeltacht, a lingua maioritaria de Gaoth Dobhair é o irlandés, mais tamén é común escoitar inglés. Tódalas escolas, os servizos relixiosos e os anuncios fanse co irlandés como lingua principal. Ademais, durante os meses de verán, centos de estudantes de todas partes de Irlanda acoden a Gaoth Dobhair para mellorar o seu nivel de competencia lingüística en irlandés na escola de verán Coláiste Cholmcille.

Dende que a maioría dos habitantes da parroquia son bilingües, é habitual escoitar interferencias lingüísticas entre as dúas linguas. Así, pódese escoitar vocabulario inglés en frases en irlandés e viceversa. Por mor disto, apareceu un grupo de vocabulario e frases únicas da zona que no pasado atraeron o interese de lexicógrafos e etimólogos. Un exemplo é o emprego do sufixo irlandés -ailte ou -eáilte para a formación de versións de verbos a partir de palabras inglesas, como no caso de "wreckailte" ("canso").

A porcentaxe de falantes nativos de irlandés nalgunhas das localidades é a seguinte: 77% en Machaire Chlochair. 83% en Cnoc Fola e Mín an Chladaigh. 76% en Dún Lúiche.

Historia miniatura|dereita|240px|Gaoth Dobhair arredor de 1890. 240px|miniatura|dereita|Vista aérea de Gaoth Dobhair en 2008. Coa colonización do Ulster en 1609 produciuse un xiro importante no destino da parroquia. As familias falantes de irlandés que foran expulsadas das súas terras no val do río Lagan e dos seus arredores acabaron estabelecéndose nas inhóspitas turbeiras do oeste de Donegal. Algunhas chegaron tan lonxe como Gaoth Dobhair, sen poder avanzar máis cara ao oeste. Ao mesmo tempo, comezaron a chegar colonos ingleses e escoceses a esas terras pouco coñecidas, converténdoas en baronías. Crese que a parroquia tiña unha densidade de poboación moi baixa até polo menos o século XVII. As primeiras persoas que se estableceron vivían nas illas ou nas zonas costeiras.

Até o século XIX a parroquia seguiu tendo unha poboación moi baixa, aínda que se semella que os locais tiñan unha boa relación cos terratenentes.Gweedore Donegal Porén, a súa calidade de vida comezou a deteriorarse coa chegada de novos propietarios das terras xa entrados no século XIX, en particular o Lord George Augusta Hill (1801–1879) e o seu fillo Arthur. Ante esta situación, a xente da parroquia dirixida polo crego Séamus Mac Pháidín, desafiou aos terratenentes coa fundación da Liga Nacional irlandesa da Terra. O 3 de febreiro de 1889 produciuse o asasinato do inspector do distrito da Policía Real Irlandesa William Limbrick Martin (coñecido localmente como An Mháirtínigh) a mans dos fregueses fóra da igrexa Teach Phobail Mhuire, en Doire Beag, mentres Séamus Mac Pháidín xacía no chan brandindo unha espada desenvaiñada.Historia de Gaoth Dobhair, capítulo 1 Isto supuxo o punto culminante da Guerra da Terra en Gaoth Dobhair, e o caso mesmo chegou a ser nomeado nas memorias do político irlandés Tim Healy, quen defendía a Mac Pháidín e os seus fregueses.

O xornalista estadounidense-irlandés W.H. Hurlbert tamén investigou con detalle as disputas polas terras en Gaoth Dobhair no seu libro Ireland under Coercion, publicado en 1888.Hurlbert W vol.1, pp. 66–122

Tamén se teñen publicado varios libros en irlandés e inglés que detallan a rica historia de Gaoth Dobhair. Unha das máis prolíficas historiadoras locais foi Cáit Nic Giolla Bhríde.

A grande treboada Na tarde do 23 de xuño de 2009, unha enorme treboada azoutou Gaoth Dobhair. Afectou principalmente as vilas de An Bun Beag e Doirí Beaga, prolongándose durante varias horas e causando o desbordamento de dous ríos, a inundación de casas, tendas e fábricas, e a destrución de pontes e estradas. A lostregada durou dúas horas e danou as liñas de alta tensión, provocando unha grave avaría nos sinais de telefonía móbil e impedindo que as persoas atrapadas polos asolagamentos puideran comunicarse. Arredor dunhas 20 casas quedaron illadas do mundo exterior despois de que tres pontes de acceso fosen arrastradas polas medras dos ríos."Horror storms flood west Donegal"

Foi descrita como a peor treboada "na memoria viva" e tamén como a máis grave dende o ano 1880, data na que morreron cinco persoas afogadas en Doirí Beaga. Por mor da natureza altamente localizada da tormenta, as áreas de maior precipitación non se recolleron na rede de pluviómetros, mais o Servizo Meteorolóxico de Irlanda estimou que entre as dúas e as seis da tarde caeron un 60 mm de chuvia.

Economía 220px|dereita|miniatura|A estrada principal R257 que atravesa Gaoth Dobhair vista dende Doire Beag. Entre os anos 1980 e 1990, Gaoth Dobhair tiña unha rede industrial próspera, contando con até 20 grandes empresas produtoras de gomas de borrar, alfombras, equipos de tonificación corporal e produtos de limpeza. Porén, no ano 2001 pecharon moitas das empresas por mor da competición do países de Europa do leste. Estímase que se perderon uns 4.000 postos de traballo e tivo un efecto económico e social moi forte en Gaoth Dobhair e nas áreas veciñas. A fábrica de bonecas de porcelana de Croithlí leva en activo dende 1939 baixo o nome de Crolly Dolls.

No 2003, a axencia estatal Údarás na Gaeltachta comezou unha campaña para atraer empresas coa finalidade de revivir a economía local e renomeou o parque empresarial como Páirc Ghnó Ghaoth Dobhair. Unha empresa escocesa abriu un centro de chamadas no parque empresarial, pero ao pouco pechou. Entre os negocios da zona destacan varios supermercados, tendas, centros de estética, salóns de peiteado, garaxes, farmacias, pubs, cafeterías e cinco hoteis ben establecidos: Ostan Gweedore, Derrybeg Hotel, Teach Jack, An Chúirt Hotel e Foreland Heights.

Educación miniatura|Áislann Ghaoth Dobhair (aberto en 2011) é un edificio estatal que acolle a biblioteca local, o teatro da escola e unha sala de exposicións. miniatura|Instituto de educación secundaria Pobalscoil Ghaoth Dobhair. Educación primaria Na zona hai cinco escolas de primaria e todas son de fala irlandesa. Os nenos e nenas non reciben clases en inglés até os 5 ou 6 anos. Son as seguintes:

Scoil Chonaill, en An Bun Beag. Scoil Mhuire, en Doire Beag. Scoil Phádraig, en Dobhar. Scoil Bhríde, en Mín an Chladaigh. Scoil Adhamhnáin, en Luinneach.

Educación secundaria O único instituto de secundaria é o Pobalscoil Ghaoth Dobhair, establecido en Luinneach en 1977. Ao igual que as escolas de primaria, tódolos estudantes reciben as clases en irlandés e a maioría fai os seus exames públicos en dita lingua.

Universidade No ano 2004, a Universidade Nacional de Irlanda en Galway abriu en Gaoth Dobhair o campus externo Acadamh na hOllscolaíochta Gaeilge, ofrecendo así estudos universitarios en lingua irlandesa a preto de 80 estudantes cada ano. Ofértanse varias titulacións entre as que destaca o novo título de grao en estudos empresariais.

Xeografía 240px|miniatura|dereita|Vista do monte Errigal. 260px|miniatura|Vista da costa recortada de Gaoth Dobhair vista dende Cnoc Fola. Gaoth Dobhair é coñecido pola súa peculiar xeografía física. Probabelmente, o accidente máis recoñecíbel é o monte Errigal, a montaña máis alta do condado de Donegal, que ensombrece o lago Dunlewey. Está arrodeado polos profundos canellóns e lagos de Poisoned Glen, e máis adiante atópase o castelo de Glenveagh e o Parque Nacional de Glenveagh, o meirande de toda Irlanda. Na praia Machaire Chlochair pódese atopar un naufraxio dos anos 1970 coñecido como "Bád Eddie" (O barco de Eddie) ou "Cara Na Mara" (O amigo do mar).

A costa de Gaoth Dobhair componse de longas praias de area e cantís escarpados. Tamén conta pequenas illas entre as que destacan a illa GabhlaGabhla e a illa Toraigh.

Transporte A estación de tren de Gaoth Dobhair abriu o 9 de marzo de 1903. Porén, o 3 de xuño de 1940 deixou de prestar servizo a pasaxeiros e o 6 de xaneiro de 1947 pechou definitivamente. Os autobuses que dan servizo en Gaoth Dobhair inclúen o Collins Coaches Donegal to Glasgow, Feda Ó Dónaill,Feda O'Donnell Coaches Coyle's Coaches,Coyle's Coaches John McGinley,John McGinley Coaches Patrick Gallagher Coaches,Patrick Gallagher Coaches Crónán Mac Pháidín, e unha liña de bus que conecta o aeroporto local.

Deporte Entre os deportes máis populares de Gaoth Dobhair destacan o fútbol gaélico, o golf e o fútbol.

Xogos gaélicos 480px|miniatura|O campo do C.L.G. Ghaoth Dobhair, con Gaoth Dobhair e o monte Errigal ao fondo. O club local da Asociación Atlética Gaélica (GAA), C.L.G. Ghaoth Dobhair, atópase en Machaire Gathlán e facilita recursos para tódolos xogos gaélicos. O equipo sénior de Gaoth Dobhair é o máis existoso do Campionato Sénior de Fútbol de Donegal e a Comórtas Peile na Gaeltachta. Xogadores locais como Kevin Cassidy e os irmáns Eamon e Neil McGee son recoñecidos a nivel nacional. Porén, o hurling nunca foi un deporte moi popular en Gaoth Dobhair, coa excepción dun exitoso equipo de finais da década de 1990.

Golf O club de golf local Gailf Chumann Ghaoth Dobhair tamén se atopa en Machaire Gathlán. O seu campo acolle varios torneos cada ano. De entre eles destaca o torneo 'The Clannad Classic', patrocinado polo recoñecido grupo musical Clannad.

Asociacións de fútbol Entre os equipos de fútbol en activo de Gaoth Dobhair están o Gweedore Celtic, o Gweedore United, o Glenea United e o Dunlewey Celtic. Todos eles participan en competicións do condado e tamén nacionais.