Xoaquín de Arévalo Rodríguez, nado en Ferrol en 1882 e finado ibídem en xaneiro de 1939, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín de Arévalo Otero. O seu traballo xornalístico repartiuse entre Galicia e América. Fundou os semanarios ferroláns El Merlo e Ferrol Grotesco e colaborou asiduamente con El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Tamén aparecen artigos seus en Ilustración Gallega e en Revista Gallega.Na Revista Gallega asina como " (hijo)" Ferrol, 1901

Obras Un viaje por Ferrol (obra teatral, 1901). Sorpresa amorosa, Ferrol (1902, en castelán). Misterios del lupanar. Novela mísero-social (1905) onde se describe como discípulo de Eduardo López Bago e Eduardo Zamacois, figuras do naturalismo radical. El Santiño. Novela eclesiástica, Madrid (1911, en castelán). El hombre-Galicia. Poesía, música, pintura, cantos, declamación, arte de nuestra tierra, Ferrol (1912). A carta do quintorro (poema en galego).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Artigo: "Arévalo Rodríguez, Xoaquín de" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 68, Ir Indo. Artigo: "Arévalo Rodríguez, Xoaquín de" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 5, p. 61. Artigo: "ARÉVALO RODRÍGUEZ, Joaquín de" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Outros artigos Joaquín de Arévalo Otero (o pai)

Ligazóns externas Joaquín de Arévalo Rodríguez na Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega

Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Nados en 1882 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1939 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público