Ivan KhomaTamén citado como Ivan Choma e Iwan Choma. (en ), nado en Khyriv (rexión de Lviv, Ucraína) o 27 de novembro de 1923 e finado en Roma o 3 de febreiro de 2006, foi un eclesiástico católico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok entre 1977 e 1991, e reitor da Universidade Católica Ucraína entre 1985 e 2001.
Traxectoria Durante a guerra marchou a Italia, estudando a partir de 1946 no Pontificio Colexio de San Xosafat, e posteriormente doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana.
O 29 de xuño de 1949 foi ordenado sacerdote da eparquía de Przemyśl por Ivan Buchko, de quen pasou a ser secretario.
Foi tamén secretario de Yosyf Slipyi, e o 2 de abril de 1977, en Roma, foi ordenado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, polo arcebispo maior de Lviv Yosyf Slipyi; a consagración fíxose sen aprobación papal, e aínda que Slipyi non a precisaba, causou malestar na Curia.
Renunciou á sé o 16 de xuño de 1991, e o 22 de febreiro de 1996 foi nomeado bispo titular de Patara por Xoán Paulo II e Procurador en Roma do Arcebispo Maior de Lviv. Entre 1965 e 1999 ensinou Historia da Igrexa na Universidade Católica Ucraína, da que foi reitor entre 1985 e 2001.
Finou en Roma, o 3 de febreiro de 2006.
Obra
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados no distrito de Staryi Sambir, rexión de Lviv Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Finados en 2006 Categoría:Profesores da Universidade Católica Ucraína Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana