O termo mácula en xeral significa mancha. Pode aparecer cos seguintes significados específicos:

Bioloxía e medicina Mácula é a mácula lútea da retina, unha mancha pigmentada da retina do ollo onde a agudeza visual é máxima. Mácula do sáculo, área con receptores do sentido do equilibrio do sáculo do oído. Mácula do utrículo, área con receptores do sentido do equilibrio do utrículo do oído. Mácula densa, un grupo de células dos riles que se tinguen histoloxicamente de cor máis escura que as que as rodean. Macula adhaerens (mancha adherente), un dos nomes que recibe un tipo de unión celular tamén chamada desmosoma puntual.

Outros Mácula (arqueoloxía), en arqueoloxía é unha característica visible nas fotografías aéreas pero sen función identificable. Mácula (xeoloxía planetaria), en xeoloxía planetaria é unha área escura da superficie dun planeta ou satélite, como por exemplo a Ganesa Macula da lúa Titán. Tamén se pode usar para o Sol (máculas solares ou manchas solares). Un pecado mortal no Catolicismo. Macula (futbolista), nome dado a Marcos Aurélio dos Santos, un futbolista brasileiro que xogou en varios clubs da máxima categoría brasileira (Serie A).