miniatura|dereita|A testa de Osterby co nó suevo. miniatura|dereita|Escena dunha batalla do Trofeo de Adamclisi: un lexionario romano loita contra un dacio mentres un guerreiro xermánico cun nó suevo xace ferido no chan. O nó suevo () é un peiteado masculino histórico atribuído ó pobo xermánico dos suevos. O nó é descrito por Tácito na súa obra Xermania, tamén aparece na arte, en representacións dos pobos xermánicos e en corpos momificados de pantanos.
Xermania Segundo a Xermania de Tácito, os guerreiros suevos peiteaban o seu cabelo cara a atrás ou aos lados e atábano nun nó, co suposto obxectivo de semellar meirandes e máis impoñentes no campo de batalla. Tácito tamén fala de que este estilo espallouse entre os guerreiros máis novos das tribos xermánicas veciñas, mentres que entre os suevos, o nó era levado polos homes vellos como un símbolo de status, que "distingue ós homes libres dos escravos", sendo os nós máis artísticos levados polos nobres máis poderosos.
Rexistros arqueolóxicos Os nós suevos foron descubertos en varios corpos conservados en pantanos:
Home de Osterby, 70-220, de Osterby preto de Rendsburg-Eckernförde, Schleswig-* Holstein, Alemaña. Home de Dätgen,Datgen Man . Mummytombs.com. Consultado o 30 de maio de 2012. 135–385, Dätgen, preto de Rendsburg-Eckernförde, Schleswig-* Holstein, Alemaña
No ano 2000, na costa do Mar Báltico en Czarnowko, preto de Lębork, Polonia, atopouse un caldeiro de bronce que representaba a homes levando o nó suevo.M. Macynska, D. Rudnicka, Abstract: A grave with Roman imports from Czarnówko, Lębork district, Pomerania, Poland
Galería
Notas
Véxase tamén
Categoría:Suevos Categoría:Peiteados