Andrés Avelino Barbeito Hermosilla, nado na Coruña o 14 de xuño de 1849 finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1914,El Noroeste, 10-2-1914, p. 3. foi un tipógrafo e poeta galego.
Traxectoria Foi secretario dos concellos de Pontedeume e Betanzos. Militou no Partido Republicano e foi un dos asinantes do Manifesto solidario de setembro de 1907, que promoveu o inicio de Solidaridad Gallega. Foi presidente da Asociación de Auxilios dos Dependentes de Comercio da Coruña. Publicou poemas en El Eco de Santiago, Santiago e outras revistas e xornais da época usando moitas veces o pseudónimo Noé Vila, anagrama do seu nome. É autor do libro de versos bilíngüe Nada (1906). Recibiu o premio da Academia de Montreal pola súa tradución da obra Magali de Frédéric Mistral e o do Ateneo de Trobadores de Tolosa pola vinculación á obra dos felibres.
Vida persoal Casou con María Cerviño Vázquez e foi pai de María Barbeito Cerviño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía , Andrés Avelino. Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 92.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos