"Chandelier" é unha canción da cantante australiana Sia, procedente do seu álbum de 2014 1000 Forms of Fear. Escrita por Sia e Jesse Shatkin e producida por Shatkin e Greg Kurstin, a canción foi lanzada o 17 de marzo de 2014 como sinxelo do álbum. O seu estilo é unha mestura de electropop con música electrónica, R&B e influencias do reggae.
Vídeo musical O vídeo musical da canción foi dirixido por Sia e por Daniel Askill, mentres que a coreografía é de Ryan Heffington. Foi lanzado o 6 de maio de 2014 e nel aparece a nova bailarina Maddie Ziegler levando unha perruca loura de Sia e interpretando a coreografía nun piso baleiro. "Chandelier" recibiu dous nomeamentos aos MTV Video Music Awards nas categorías do Mellor Vídeo do Ano e Mellor Coreografía, gañando o segundo.
O 5 de decembro de 2014 acadou o nomeamento aos Premios Grammy ao Mellor Vídeo Musical. O vídeo axiña se fixo viral en YouTube, converténdose no sétimo vídeo musical máis visto de 2014 con máis de 400 millóns de visualizacións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo musical de "Chandelier" en YouTube
Categoría:Cancións de Sia Categoría:Sinxelos de 2014