Bimenes é un concello do Principado de Asturias, en España. Limita ao noroeste con Siero, ao nordés con Nava, ao sur con Laviana e ao suroeste con Samartín del Rei Aurelio. Está situado na zona centro oriental de Asturias. A súa capital é Martimporra, a unha distancia de 32 quilómetros de Oviedo, e a súa principal vía de comunicación é a AS-25, que segue paralela ao curso fluvial do río Pra.

Demografía Conta cunha poboación de 1 669 habitantes (INE, 2023). Os núcleos máis poboados deste concello son Martimporra, Santuyano, Rozaes, Suares, Melendreros e Taballes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Concellos de Asturias