Lugher era unha rede social aberta de orixe galega feita dende cero e nun período de tres meses polo outiense Anxo Núñez Fernández.
Descrición A rede social, que foi inaugurada o 11 de xaneiro do 2014 ás 17:00 da tarde, leva funcionando dende entón na súa beta aberta ao público. Calquera pode facer unha conta, probala e facer comentarios ao creador. Tamén existe unha aplicación Android.
A finais de 2014 contaba con máis de 700 usuarios, máis de 3.000 lughs publicados e 4.000 gostos.
A rede está dispoñible en galego coma lingua principal, aínda que hai a opción de elixir entre galego, inglés e castelán para unha tradución futura.
Lugher 2.0 O 2 de xaneiro do 2015 a conta oficial de Lugher, na súa propia rede social, anunciaba o próximo lanzamento da nova e mellorada versión, asegurando un completo lavado de cara, reconstrución do código e funcionalidades novas.
Véxase tamén Outros artigos Cabozo (rede social) Ligazóns externas Páxina web de Lugher (Arquivada) e blog do creador "Un barbancés de 14 anos pon en marcha unha nova rede social" La Voz de Galicia, 6/3/2014. A Revista FDS, 15/3/2014, TVG. "A tarde" (26´35´´) Radio Galega, 1/4/2014. "Lugher, la red social de un adolescente gallego" El Correo Gallego, 2/4/2014.
Categoría:Redes sociais