Niki (tamén escrito como NIKI ou flyNiki, oficialmente NIKI Luftfahrt GmbH) foi unha aeroliña austríaca subsidiaria de Air Berlin. Tiña a súa sede en Office Park I no Aeroporto de Viena-Schwechat. Niki operaba servizos regulares a cidades europeas e destinos de lecer ademais de voos chárter dende Viena, Salzburgo, Graz, Linz e Innsbruck. Niki cesou todas as súas operacións o 14 de decembro de 2017. O 29 de decembro dese mesmo ano anunciouse que IAG mercara partes de Niki por 20 millóns de euros, incluídos 15 avións Airbus A320 e algúns dereitos de aterraxe. En xaneiro de 2018 a aeroliña foi mercada por Lauda.

Historia No ano 2003 Niki Lauda, expiloto de Fórmula 1 e fundador de Lauda Air, mercou as operacións de Aero Lloyd Austria. A aeroliña comezaría a voar o 28 de novembro dese mesmo ano.

O 9 de xaneiro de 2004 Niki anunciou a súa cooperación con Air Berlin. A finais de 2011 a aeroliña fusionouse completamente con esta, compartindo operacións, sistemas de reserva e avións. Dende o 20 de marzo de 2012 Niki é un membro afiliado da alianza Oneworld como compañía subsidiaria de Air Berlin. Dende finais dese ano Niki foi repintando os seus avións coa librea de Air Berlin, usando só o seu logo no nariz.

En outubro de 2014 Niki anunciou a cancelación dos seus voos dende Viena ata Copenhague, Moscova e Frankfurt debido á baixada da demanda. No seu lugar en verán de 2015 abriranse novas rutas máis rendibles cara a destinos de lecer.

Aínda que ás veces descríbese a Niki como unha aeroliña de baixo custo, esta proporciona servizos plenos, como refrixerios gratuítos, prensa e equipaxe. Ofrece un bocadillo ou un aperitivo frío, refrescos, té e café en todos os seus voos de curta distancia, ademais de nos voos chárter a Grecia, Tunisia e Turquía. Nos voos chárter de media distancia ás illas Canarias e Exipto a todos os pasaxeiros se lles proporciona un aperitivo quente. Tamén poden encargarse menús de gourmet de Demel antes do voo. Tamén teñen servizo de compra a bordo dos avións.

Frota Antes do cesamento de operacións en decembro de 2017 a frota de Niki estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Niki Avión <span style="color:white;">En servizo<span style="color:white;">Pedidos<span style="color:white;">Pasaxeiros<span style="color:white;">NotasAirbus A320-20023180Airbus A321-20015 —210/212 Boeing 737-7005—144 Operados por TUI fly DeutschlandBoeing 737-8008—186Operados por TUI fly DeutschlandTotal 303

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Austria