miniatura|250px|Boeing 767 de Avianca Avianca S.A. (acrónimo de Aerovías Nacionales de Colombia S.A., actualmente Aerovías del Continente Americano S.A.) é a aeroliña nacional de Colombia. Fundouse o 5 de decembro de 1919, cando inicialmente rexistrouse baixo o nome de SCADTA. A súa sede atópase en Bogotá, estando o seu principal centro de operacións no Aeroporto Internacional El Dorado. Avianca é tamén unha marca que abrangue un grupo de sete aeroliñas latinoamericanas con códigos IATA independentes, que combinan as súas operacións para funcionar como unha compañía usando un sistema de códigos compartidos. Avianca é a aeroliña máis grande de Colombia e a segunda de Latinoamérica: xunto coas súas subsidiarias ten a rede máis extensa de destinos de toda Latinoamérica e unha das frotas máis grandes e modernas do continente. É propiedade de Synergy Group S.A., un grupo latinoamericano fundado por Germán Efromovich e especializado no transporte aéreo.
O 7 de outubro de 2009 anunciouse que Avianca fusionaríase con TACA. En 2009 Avianca celebrou o seu 90 aniversario sendo a segunda aeroliña máis antiga do mundo aínda operativa (tras KLM).
O 21 de xuño de 2012, Avianca foi presentada como membro oficial da Star Alliance tras un proceso que durou uns 18 meses dende o anuncio inicial de ser invitada a unirse á alianza.
Frota + Frota de AviancaAviónEn servizoPedidosOpcións PasaxeirosNotasJYTotalATR 429———48484 avións van ser vendidosATR 72-60075——6868Airbus A318-10010——1288100Airbus A319-1002523—12108120Airbus A320-2005418—12138150 5 equipados con SharkletsAirbus A320neo—33—<center>TBAAirbus A321-200510—12182194Equipados con SharkletsAirbus A330-200119—30222252Un alugado a TACAAirbus A350-900—1010<center>TBAPrimeira entrega programada para 2018 a Avianca Brasil.Boeing 787-81145<center>TBAPrimeira entrega programada para outubro de 2014. Cessna 20810———1212Embraer 190123—88896Total14112615
Notas
Categoría:Aeroliñas de Colombia Categoría:Aeroliñas nacionais