Víctor Muñoz Baijón, nado en Madrid e finado na mesma cidade o 6 de novembro de 1936, foi un farmacéutico e político de Santiago de Compostela.
Traxectoria Coa súa parella a alemá Ottilia Ulbricht, chegaron a Galicia ao comezo da ditadura de Primo de Rivera. Instaláronse en Santiago de Compostela cunha academia de idiomas. Cando concluíu os estudos, Víctor Muñoz fíxose cargo da farmacia da rúa Casas Reais.
Na década de 1930 fundou a sección da Falanxe Española en Santiago de Compostela con outros camaradas como Fermín Zelada de Andrés Moreno.Sanz Hoya, Julián (2008): "Camarada gobernador. Falange y los gobiernos civiles durante el primer franquismo", en Nicolás, María Encarna e González, Carmen, (eds.), Ayeres en discusión. Temas clave de Historia Contemporánea. Murcia: Universidade de Murcia.Clret Miranda, Jaume (2006): El atroz desmoche. La destrucción de la Universidad española por el franquismo, 1936-1945. Barcelona: Crítica. Firme partidario de José Antonio Primo de Rivera, recibiuno na súa farmacia das Casas Reais o 16 de marzo de 1935. Alí Primo de Rivera improvisou un mitin ante un centenar de camaradas."Misterios al descubierto, masones en Santiago" , El Correo Gallego, 04/08/2006.
Pilar Primo de Rivera visitou Santiago o 5 de febreiro de 1936 para apoiar os nomeamentos de María Laura Colmeiro Laforet como secretaria da Sección Femenina e de Otilia Ulbricht como tesoureira. Días despois do triunfo da Fronte Popular, varios asaltantes intentaron prender lume á farmacia, e Otilia púxoos en fuga pistola en man. miniatura|300px|Pavillón da Exposición Rexional de 1909, onde estivo o Hogar Víctor Muñoz.
O 6 de novembro de 1936 Muñoz foi encarcerado e asasinado en Madrid, e o mando provincial da Falanxe foi confiado a Carlos Colmeiro Laforet.
Ao rematar a guerra, cando lle ían facer unha homenaxe, presentouse en Santiago de Compostela a súa muller, descubríndose que Ottilia só fora a súa amante. Até o final do franquismo, o "Hogar del Frente de Juventudes" de Santiago, sito na Alameda desta cidade, levou o nome de Víctor Muñoz.
A súa amante, Ottilia Ulbricht, foi profesora de alemán na Universidade de Santiago de Compostela,Bonet Correa, Antonio (2013): Discurso Doctorado Honoris Causa. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013. no Instituto Arcebispo Xelmírez e no seu propio domicilio.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "El farmacéutico Víctor Muñoz y la alemana Ottilia Ulbricht introdujeron el fascismo en Compostela" in La Voz de Galicia, 26-1-1988, p. 64, 47.
Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Finados en 1936 Categoría:Falanxistas Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido