Sónia Margarida Lebreiro Araújo Martins, nada no Porto o 24 de novembro de 1970, é unha presentadora de televisión portuguesa.

Traxectoria Sónia licenciouse en Dereito pola Universidade Lusíada do Porto, foi alumna na Escola de Ballet Parnaso entre 1982-85 e frecuentou a Academia de Bailado Clássico Pirmin Treku en 1986.

O 1 de setembro de 2007, representou a Portugal en Londres, xuntamente con Ricardo Silva, no primeiro Festival de Eurovisión da Danza, acadando o 5º lugar (74 puntos).

Carreira Experiencia profesional 1986 - Participación en espectáculos da Academia de Bailado Clássico Pirmin Treku, danzando os bailados: Coppélia, Piéce de Resistence, Foyer de la Danse, Era uma vez... um sonho, Dança de Jalisco, Algazarra, Quebra Nozes, Foz 19000, Lago dos Cisnes, Still Loving You e Vivaldiana. 1990 - En colaboración coa Companhia Nacional de Bailado participou no bailado D. Quixote. 1993 - Participou na peza Um Homem de Bem, de Raul Brandão. 1994 - Foi convidada por António Sala para formar parte do grupo de bailaríns do seu espectáculo, en xira polo país luso. 1995 - Foi convidada polo actor Fernandes Mendes a participar na revista Toma Lá Disto. 1995/96 - Participación en espectáculos da Rádio Renascença. 1996 - Participación no espectáculo de Luís de Matos, Luís de Matos Especial, no Teatro Académico Gil Vicente, en Coímbra.

Televisión

Traballos na televisión como bailarina e asistente 1993 - Asistente do ilusionista Luís de Matos, no programa Isto é Magia, para a RTP. 1994 - Seleccionada para formar parte do corpo de bailaríns do programa 1, 2, 3, na RTP. 1995 - Participación no programa Natal dos Hospitais, na RTP, como asistente de António Sala. 1995/96 - Participación no programa Quem é o Quê?, na RTP, como asistente de António Sala. 1995/96 - Participación no programa Chuva de Estrelas, na SIC, como bailarina. 1996 - Participación no programa Globos de Ouro 95, na SIC, como bailarina. 1996 - Participación no programa Avós e Netos, na RTP, presentado por Manuel Luís Goucha, como bailarina e asistente. 1996 - Integra o equipo do programa Praça da Alegri, na RTP. 1996/97 - Participación no programa Ilusões com Luís de Matos, na RTP, como asistente e bailarina.

Carreira como presentadora 1999 - Presentación do programa Azul Vivo, na Sport TV. 2000 - Presentación do programa Santa Casa, en colaboración con António Machado e Manuel Luís Goucha, na RTP. 2001 - Presentación do programa Natal dos Hospitais, na RTP. 2002 - Presentación do programa Festival da Canção, en colaboración con Cristina Möhler, na RTP. 2002/13 - Presentación do programa Praça da Alegria, en colaboración con Jorge Gabriel, na RTP. 2002 - Presentación dos programas Natal dos Hospitais e Especial Praça de Natal, en colaboración con Jorge Gabriel, na RTP. 2003 - En decembro presenta xuntamente con Jorge Gabriel, José Carlos Malato, Helder Reis, Merche Romero e Júlio Isidro, o Natal dos Hospitais. 2007 - Participación e vitoria no programa Dança Comigo da RTP1. É escollida para representar Portugal, con Ricardo Silva, na primeira edición do Festival de Eurovisión da Danza. 2007 - Presentación do programa Luar na TVG xunto a Xosé Ramón Gayoso e Nieves Rodríguez. 2009/11 - O 6 de novembro de 2009 estreou Família, família, e presentou o programa nas sextas feiras, rematando en febreiro de 2011. 2009 - Apareceu en Um Lugar Para Viver en Famalicão. Dende 2013 - Presentación do programa Aqui Portugal, na RTP1. 2014 - Presentación do programa Especial Fin de Ano na TVG xunto a Xosé Ramón Gayoso e Silvia Jato.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial de Sónia Araújo

Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Nados no Porto Categoría:Nados en 1970